Noticias

O Goberno central incluirá as demandas galegas sobre o traspaso da xestión do litoral nunha nova proposta

O Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre (DPMT), requisito que suporía unha clara inxerencia estatal sobre as competencias autonómicas. A maiores, o goberno comprometeuse a enviar en breve un novo borrador adaptado ao escenario aberto tras a aprobación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) e a sentenza do Tribunal Constitucional que avalou a súa lexitimidade de cara a ultimar o traspaso efectivo das funcións, servizos e medios de xestión do litoral.

A Xunta logra que o Goberno central rectifique a súa postura inicial sobre o traspaso á Comunidade das funcións, servizos e medios necesarios para asumir a xestión completa do litoral e incluirá as demandas galegas nunha nova proposta.

Logo dunha reunión celebrada hoxe de xeito telemático, a secretaria xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Carmen Bouso, e a directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desenvolvemento Lexislativo, Isabel Concheiro, puxeron en valor que o director xeral de Cooperación Autonómica e Local do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, Rafael Brief, admitise as consideracións propostas pola Administración autonómica ao borrador de acordo remitido polo Executivo central o pasado mes de outubro sobre esta cuestión.

Nesa liña, fixeron fincapé en que o Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre (DPMT), requisito que suporía unha clara inxerencia estatal sobre as competencias autonómicas. Nese senso, Carmen Bouso e Isabel Concheiro incidiron en que esta cuestión beneficiará ao resto das comunidades autónomas do litoral.

A maiores, o representante estatal comprometeuse a enviar en breve un novo borrador adaptado ao escenario aberto tras a aprobación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) e a sentenza do Tribunal Constitucional que avalou a súa lexitimidade de cara a ultimar o traspaso efectivo das funcións, servizos e medios de xestión do litoral.

As responsables autonómicas insistiron en que a Comisión Mixta de Transferencias se celebre o antes posible así como na urxencia de concretar e cuantificar este traspaso porque é un paso fundamental para poder seguir co desenvolvemento da lei galega. De feito, en canto reciba o traspaso formal dos medios necesarios para asumir directamente todas as súas competencias neste eido, a Xunta ten o compromiso de comezar a traballar de inmediato na emisión dos primeiros informes e títulos relacionados coa xestión do litoral.

Comisión interdepartamental e Foro do litoral

De feito, a Xunta xa vén traballando nesta materia. Así, logo de constituír o pasado mes de outubro a Comisión interdepartamental de coordinación, que permitirá traballar de xeito transversal na xestión do litoral, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo unha serie de contactos con axentes e organizacións vencelladas coa costa para avanzar na creación do Foro do litoral. Neste senso, cómpre subliñar que, segundo recolle a propia lei, será o máximo órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento en materia de ordenación do litoral.

Galicia converteuse coa Lei de ordenación e xestión integrada do litoral na primeira comunidade española en regular a través dunha normativa propia e integral a franxa costeira en toda a súa extensión. A Xunta está a dar os pasos necesarios para o desenvolvemento dunha norma que permitirá xestionar os 2.500 quilómetros de costa da comunidade e 1,6 millóns de hectáreas terrestres e marítimas.

R., 2024-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES