Archivo (10 del 2024)

Buscador

Noticias

O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) pola Xunta de Galicia acada os 1.102 millóns de euros, o 75 % do ingresado e o 85 % do importe publicado en convocatorias e licitacións, segundo o informe de execución do MRR en Galicia do terceiro trimestre de 2024 presentado hoxe no Consello da Xunta.A boa execución en Galicia tamén a confirman os datos do Ministerio de Economía, que din que a taxa de resolución de Galicia, sen as entidades locais, é a segunda máis alta en España, 76,3 % (18,7 puntos e 17,2 puntos máis que a media das comunidades autónomas e a AXE, respectivamente).
A través do programa PIMA Eventos Adversos, e cun investimento de máis de 450.000 euros, incorporaranse á extensa rede de observación de MeteoGalicia, un conxunto de sensores específicos para medir novas variables atmosféricas. Así, ademais dos modelos de previsión actuais, contarase con medidas reais sobre a estrutura vertical da atmosfera, cuxo coñecemento é fundamental, por exemplo, á hora de deseñar a mellor estratexia para a extinción dun incendio forestal. Ademais, a aplicación de técnicas de intelixencia artificial permitirá o cruzamento de datos co que se obterá máis información sobre o comportamento de fenómenos como vagas de calor, inundacións, períodos de seca, etc.
Este sábado 19 e outubro, ás 19,00 h., o Auditorio de Galicia acollerá a estrea estatal da produción do Teatro Nacional São João de Porto As bruxas de Salem, dirixida por Nuno Cardoso a partir do texto orixinal de Arthur Miller. O CDG, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, posibilita esta representación no marco das liñas de traballo abertas entre a unidade de produción teatral da Xunta coa escena lusa e da carteleira Quintas do Camoẽs. Con esta revisión do texto do dramaturgo e guionista estadounidense Arthur Miller, Nuno Cardoso continúa a súa investigación sobre os fundamentos da vida comunitaria, realizando un novo ensaio sobre a cegueira do home social.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2025, 'os presupostos máis altos da historia de Galicia' que aumentan o investimento en infraestruturas e no reforzo da actividade empresarial preto dun 5 % (4,7 %), co obxectivo de impulsar o crecemento futuro de Galicia. O incremento é case o dobre do que medra o Orzamento galego para o vindeiro ano: 2,6%. Deste xeito, tal e como resaltou Rueda, 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma' e 'será unha das primeiras comunidades' en facelo coa previsión de que podan entrar en vigor' o 1 de xaneiro de 2025'.
A segunda cita de Ópticas contemporáneas, o ciclo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, propón ao público unha experiencia sonora e visual que reflexiona sobre cuestións actuais abordadas pola antropoloxía e as ciencias sociais. A saúde mental, a degradación do medio ambiente, as desigualdades extremas ou as violencias son algúns dos temas que traslada desde o coñecemento científico á práctica artística a orixinal proposta multimedia Mudar a pel, o venres 18 de outubro, ás 20,00 horas, no Museo Gaiás. Mudar a pel é resultado da primeira residencia de investigación e experimentación artística impulsada polo Instituto de Ciencias do Patrimonio e a Xunta de Galicia.
O Teatro García Barbón-Afundación acollerá o ciclo organizado por Vitruvia para o vindeiro mes de novembro (días 5, 6, 12 e 13) no que destaca a calidade da música e dos seus intérpretes. A apertura dos concertos correrá a cargo de Corrente do Golfo, enmarcado no world-jazz de orixe ibérica, que fusionará a cultura galega, española e cubana a través do produtor Alberto Conde e a cantante cubana Diana Darín. O mércores 6 de novembro será a quenda da música clásica co concerto De Bach a Glass da man de Paula Diz.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, expuxo este mércores que Galicia seguirá demandando na Comisión Europea recursos financieiros para unha descarbonización da frota asumible e realista. Así o trasladou na apertura do II Foro Riazor Globan Maritime Sustainability, organizado pola Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade de A Coruña, e que, durante dous días, reúne na cidade herculina a distintas organizacións empresariais que operan na cadea de valor do ámbito marítimo para analizar as tendencias do sector e explorar novas vías para a transición enerxética do transporte marítimo, da pesca e da acuicultura.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe a necesidade de mellorar as conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal e dar un impulso real á liña de alta velocidade que unirá ambos territorios. 'Ten que ser un obxectivo fundamental porque vai permitir interconectar persoas e mercadorías', indicou Rueda. Así o reclamou esta mañá tras asumir a presidencia rotatoria da Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal, un organismo creado en 1991 para potenciar a colaboración na Eurorrexión. 'Temos unha relación que é un tesouro e temos que coidar', indicou sobre a cooperación entre ambas rexións en diferentes eidos desde hai anos.
O seu labor foi recoñecido en 2023 cunha das Medallas Castelao, que distinguen as galegas e galegos polas súas contribucións singulares e por levar o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras. A esta distinción súmaselle a dos Premios da Cultura Galega na categoría de Letras en 2020. Tamén conta entre os seus recoñecementos co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, outorgado polo Ministerio de Cultura a Escarlatina, a cociñeira defunta, gañadora anteriormente do Premio Merlín e que, en 2016, pasaría a formar parte da Lista de Honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY). Ademais, tamén foi a obra coa que se levou o Premio Lazarillo de Literatura infantil, que volveu repetir con outros dous libros, converténdose na única autora na historia deste galardón que logrou este triplete.
Do 21 ao 25 de outubro, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a vixésimo segunda edición desta cita, baixo o lema Existir é resistir. Ao longo da semana, o público poderá gozar de filmes como The teacher, da directora nomeada aos Óscar e gañadora do BAFTA, Farah Nabulsi; Insahallah Wallad, estreada mundialmente no Festival de Cannes de 2023 e primeira longametraxe do xordano Amjad Al Rasheddd; To a land unknow, do cineasta palestino Mahdi Fleifel, multipremiado con galardóns como o Premio da Paz da Berlinae, e The Old Oak, do prestixioso director británico Ken Loach que conta con varias filmacións premiadas internacionalmente, nas que predominan os temas sociais e políticos.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (171)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES