
Na súa intervención, destacou que a fronteira entre Galicia e Portugal é a mais permeable, fluída e con máis relación de toda a Unión Europea entre territorios transfronterizos. Lembrou que conta co maior tránsito de toda a liña divisoria entre España e Portugal, polo que marcou como unha das prioridades da súa presidencia seguir reclamando unha mellora das conexións ferroviarias.
Nesta liña, destacou o compromiso do Goberno luso con poñer en marcha esta infraestrutura ferroviaria e asegurou que a Xunta vai presionar e reclamar ao Goberno español para que tamén estea a altura.
Rueda tamén avogou por seguir aproveitando as potencialidades da afinidade lingüística entre galego e portugués temos a vantaxe de non ter unha barreira idiomática, indicou- e por seguir mellorando os dereitos e condicións dos traballadores transfronteirizos co deseño do estatuto dos traballadores.
Ademais, a Xunta demanda que as comunidades autónomas e as CCDR teñan representación nos cumios ibéricos que se celebran entre o Goberno español e o portugués. Son as que mellor coñecen as necesidades do territorio e a súa voz debe ser tida en conta, independentemente de que sexan os Estados os que coordinen e controlen as iniciativas.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.