Archivo (5 del 2023)

Buscador

Noticias

A obra gañadora recolle 51 poemas distribuídos en seis capítulos: Subida polos anos, Un pestanexo do inverno, Parada no medio do trebón, Aprender a ulir a chuvia, Polo arame dun raio de sol e Arrastrando séculos sumados. O Goberno autonómico colabora na súa publicación e coa entrega dun lote de 300 exemplares. No transcurso do acto informouse, ademais, da convocatoria da XII edición do Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro, cuxo prazo de presentación de propostas estará aberto desde xullo ao decembro de 2023. Poderán participar obras poéticas escritas en lingua galega, orixinais e inéditas, cunha extensión de entre 350 e 700 versos como máximo.
Dende hoxe os establecementos interesados poden adherirse a unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio. Nesta terceira convocatoria, o Bono Activa Comercio da Xunta conta cun orzamento de 2,5 M€ e permitirá mobilizar 8,5 M€ en ventas. As persoas consumidoras poderán descargar a partir do próximo 15 de maio un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. O importe irase reducindo en función do valor da compra en diferentes tramos: para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30, correspóndelles un desconto de 5 euros; para iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50, a rebaixa será de 10 euros; mentres que para compras a partir de 50 euros o desconto alcanzará os 15 euros.
Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e seco, segundo o avance do informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. O mes de abril caracterizouse pola chegada de masas de aire cálido procedentes do sur, que deixaron unhas temperaturas medias moi elevadas para este mes, particularmente, no caso das máximas no interior. En canto ás chuvias, houbo un déficit con respecto ao que sería normal en abril, pero non moi acusado, xa que a mediados do mes tivemos una chegada de río atmosférico que aportou cantidades apreciables de chuvia.
Foi clausurado o IX Congreso FP Empresa organizado pola Asociación de Centros de Formación Profesional, coa participación de arredor de 600 centros educativos de toda España que imparten estas ensinanzas, ademais de representantes das administracións e das empresas. Participou o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que sinalou que “todas as partes son imprescindibles” para avanzar nestas ensinanzas que hoxe en día “son a primeira opción educativa para moitos mozos.
Galicia contará este ano cun total de 113 praias pertencentes a 34 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en todo o país e consolida a súa posición entre as tres comunidades autónomas que reciben cada ano un maior número de distintivos para as súas praias, só superada por Valencia (135) e Andalucía (127).
Galicia acadou no mes de abril a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996, con 139.343 persoas, sendo a terceira vez, tamén desde 1996, que o número de desempregados cae por debaixo das 140.000 persoas: en xullo de 2007 situouse nas 139.998 persoas e en xullo de 2022 nas 139.850. No referido ás cifras do desemprego, apuntou que descenderon con respecto a hai un ano e na comparativa con marzo nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos.
Trátase dunha iniciativa financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do programa de cooperación interrexional Interreg Europe que busca potenciar o emprego xuvenil de calidade e a creación de postos de traballo para a mocidade nas áreas rurais. A Fundación Galicia Europa lidera este proxecto no que tamén participan entidades de Eslovenia Bélxica, Bulgaria, Estonia, Letonia e Portugal. Conta ademais coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude no marco do programa Euroxuventude.
Coa participación de máis de 500 académicos e académicas de diferentes países, Pontevedra reunirá en xuño do vindeiro ano á 'elite da investigación sobre transición ecolóxica de Europa, nos ámbitos das ciencias económicas e sociais', segundo anunciou o responsable do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo, Mario Pansera. Da man deste grupo de investigación, a cidade será en 2024 a sede do congreso internacional da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e do Grupo Internacional de Estudos sobre Decrecemento e Poscrecemento.
Os responsables da programación cultural dos 92 concellos participantes ultiman nestes momentos a carteleira que desenvolverán este verán ao abeiro do circuíto. Contan para este xestión coa plataforma galescena.gal, desde a que teñen acceso ao catálogo dos espectáculos que se inscribiron nesta 11ª edición a partir dunha convocatoria pública para compañías escénicas e grupos de música profesionais con sede en Galicia. Cultura no Camiño mantén como prioridade a dinamización cultural das localidades polas que discorren os camiños de Santiago ao seu paso por Galicia.
Serán máis dun centenar os cineastas que se darán cita nesta aldea do Porriño para participar nas diferentes seccións do programa, como Jaione Camborda, Sonia Méndez, Alfonso Zarauza, Pela del Álamo, Olga Osorio ou a franco-armenia Valérie Massadian, quen protagonizará o Foco Internacional con varias das súas pezas inéditas en España. Haberá tamén coloquios con actores e actrices como Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Antonio Durán Morris, Nerea Barros, Tamar Novas ou Diego Anido, ademais de Luis Zahera, a quen se lle fará entrega do Premio Pedigree de Honor.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (384)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES