Noticias

Clausurado o IX Congreso FP Empresa, que congregou en Santiago máis de 600 centros destas ensinanzas de toda España

Foi clausurado o IX Congreso FP Empresa organizado pola Asociación de Centros de Formación Profesional, coa participación de arredor de 600 centros educativos de toda España que imparten estas ensinanzas, ademais de representantes das administracións e das empresas. Participou o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que sinalou que “todas as partes son imprescindibles” para avanzar nestas ensinanzas que hoxe en día “son a primeira opción educativa para moitos mozos.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, fai fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta de Galicia, as empresas e os centros educativos como “un factor fundamental” para consolidación dun modelo galego de Formación Profesional “no que o seu selo de identidade sexa a innovación e a alta cualificación”.

Así o salientou esta mañá con motivo do acto de clausura do IX Congreso FP Empresa organizado pola Asociación de Centros de Formación Profesional, coa participación de arredor de 600 centros educativos de toda España que imparten estas ensinanzas, ademais de representantes das administracións e das empresas.

Precisamente neste encontro que xira sobre o papel do tecido produtivo, Román Rodríguez sinalou que “todas as partes son imprescindibles” para avanzar nestas ensinanzas que hoxe en día “son a primeira opción educativa para moitos mozos, xa que este curso superamos por primeira vez a barreira dos 60.000 alumnos matriculados, un 75 % máis ca en 2009”. Un sinónimo de éxito avalado polos indicadores de “prestixio, confianza e utilidade”, abondou o conselleiro, que destacou o crecente apoio que se está a recibir por parte das empresas neste eido.

Modelo de referencia

Para seguir afianzando ese modelo que agora mesmo está servindo de referencia para outras comunidades autónomas e ao Goberno do Estado, a Xunta de Galicia ten en marcha a Estratexia FP Galicia 2030, a folla de ruta dos vindeiros anos con accións específicas que contemplan un investimento inicial de 900 M€.

Segundo Román Rodríguez, o actual contexto de transformación tecnolóxica esixe dunha formación competencial adaptada ás novas demandas profesionais e dunha resposta áxil “ante un mercado cada vez máis globalizado, esixente e competitivo”.

Precisamente a este reto responde o Plan Conecta FP Galicia, que reforza a liña de colaboración coas empresas co fin de definir novos títulos e ciclos adaptados ás demandas empresariais, deseñar unha oferta de prazas conectada ao contexto socio-económico do territorio onde se inxire e conectar o alumnado co mercado laboral.

R., 2023-05-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES