Noticias

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e seco

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e seco, segundo o avance do informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. O mes de abril caracterizouse pola chegada de masas de aire cálido procedentes do sur, que deixaron unhas temperaturas medias moi elevadas para este mes, particularmente, no caso das máximas no interior. En canto ás chuvias, houbo un déficit con respecto ao que sería normal en abril, pero non moi acusado, xa que a mediados do mes tivemos una chegada de río atmosférico que aportou cantidades apreciables de chuvia.

Deste xeito, a anomalía media da temperatura para este mes de abril en Galicia, obtida a partir dos datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de 2,4 graos, o que supón que fose o abril máis cálido desde 2011.

Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 19,2 graos, rexistrándose os valores máis altos nas localidades limítrofes co Miño, na provincia de Ourense, onde se se chegou ata os 25,1 grados. Pola contra, os valores máis baixos déronse no macizo de Manzaneda e Pena Trevinca, onde roldaron os 11 graos. No caso das temperaturas mínimas, a media foi de 7,2 graos. Os valores máis baixos rexistráronse na Limia -1 grao- e os máis altos no Morrazo -13,2 graos-.

No que atinxe ás precipitacións, en xeral, quedaron por debaixo da media climática de abril, aínda que a anomalía non é tan importante como no caso das temperaturas. Non houbo moitos episodios de chuvia, pero algúns dos rexistrados a mediados de mes foron bastante activos e permitiron acumulacións significativas.

A precipitación media acumulada foi de 71 l/m2, un 44 % inferior ao valor climático normal, o que fai que este mes poida considerarse moi seco. Cómpre salientar que a distribución das porcentaxes de precipitación foi moi irregular en todo o territorio galego, presentando zonas secas e outras lixeiramente húmidas ou próximas á normalidade. Así, os valores máis altos rexistráronse nas comarcas do Sar e do Xallas, onde se acadaron localmente os 196 l/m2; e os máis baixos, en Valdeorras -8 l/m2-.

R., 2023-05-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES