Noticias

Sube en nove puntos a lectura en galego, o que supón que en Galicia sete de cada dez persoas le na nosa lingua

O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe que o número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua 'medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, o que supón que falamos de sete de cada dez galegos', celebrou. Así o destacou en resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento de Galicia, coincidindo coa véspera do Día do Libro, na que puxo en valor os datos do último Informe de hábitos lectores.

Neste senso, o titular de Cultura do Goberno galego indicou que, ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación 'dunha Galicia lectora'. Así, fixo referencia aos indicadores que reflicten que o '96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España'. Ademais, incidiu no dato de que o 70 % destas lecturas son de libros.

Gran momento do sector do libro galego

Precisamente, o conselleiro considerou que o sector do libro galego está a atravesar un 'bo momento cos mellores datos históricos de oferta e consumo cultural'. Ao respecto, apuntou a edición de 3.000 libros, dos cales 2000 foron na nosa lingua, 'é dicir, un 60 %' e a facturación de '27,6 millóns de euros, 14 M€ correspondentes a libros en galego'.

Ademais, fixo fincapé no 'compromiso e constante apoio' que as editoriais reciben da Xunta, 'tal e como demostran os 3 millóns de euros de investimento que se realizará este ano'.

Nesta liña, tamén incidiu nas partidas específicas da Consellería de Cultura, entre as que citou os 250.000 euros para edición de libros 'que lle permitirá a medio cento de editoras sacar adiante uns 300 títulos' ou os 200.000 euros dedicados á tradución, 'co que se apoia a máis de 20 editoras para publicar case un cento de títulos'.

Nesta mesma estratexia de apoio por parte do Goberno galego, lembrou os 150.000 euros para a produción de audiolibros e libros de lectura fácil ou os 550.000 euros destinados a mellorar as coleccións das bibliotecas públicas e as novidades editoriais en lingua galega de preto de 200 concellos. 'Todas estas partidas son unha mostra clara do compromiso permanente deste Goberno coa cultura e o sector do libro e que imos seguir mantendo', aseverou para concluír.

R., 2026-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-sabemos.jpg) A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.

Notas

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Barrié presentaron o ALGa dixital, unha nova plataforma web que pon ao alcance da comunidade investigadora e universitaria e da cidadanía en xeral unha parte substancial dos materiais do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). No acto participaron a reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias; a directora do Instituto de Lingua Galega (ILG), Elisa Fernández, e o director do proxecto, o profesor Xulio Sousa.
A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, principal infraestrutura de investigación do Centro de Investigación Mariña da UVigo, acolle as V Xornadas Internacionais de Xenética en Acuicultura, un encontro que reúne especialistas de España e Iberoamérica para analizar os principais desafíos da acuicultura desde unha perspectiva que integra a innovación, a biodiversidade e o benestar animal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES