Buscador
Noticias
Guerrilla Girls. Portfolio Compleat, 19852016 é unha escolma da produción desde mediados dos 80 ata 2016 do colectivo Guerrilla Girls, formado en Nova York en 1985 como un grupo anónimo de artistas de acción feminista. Definida polo propio colectivo como unha mostra da conciencia do mundo da arte, as obras incluídas na mostra aprópianse da linguaxe visual do márketing publicitario para transmitir as súas mensaxes feministas dunha forma directa. Coñecidas por utilizar máscaras de gorilas para ocultar o rostro, as Guerrilla Girls identificáronse co nome de mulleres artistas falecidas como Frida Kahlo, Eva Hesse, Paula Modersohn-Becker, Käthe Kollwitz, Gertrude Stein ou Georgia OKeeffe, entre outras.
A obra, que pasa a engrosar a sección clásicos de Xerais, recompila os case 40 anos de creación poética dunha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX. Introducido por un limiar de Alonso Montero e ilustrado con seis imaxes do artista da Limia Xosé Lois Carreira, o volume presenta os textos ordenados en 12 seccións: A procura da identidade, Saudade das paraxes de outrora, O paraíso da infancia, A defensa dos desherdados, O panteísmo animista, O nihilismo, O pensamento: a vida, o medo, Deus, a morte, O amor o erotismo, a Tucha, Contra a inxustiza e a opresión, A reivindicación da lingua, A palabra creativa e Varia.
A UVigo e o centro de investigación atlanTTic son dous dos socios do proxecto EDIH DATAlife, o único Hub de Innovación Dixital galego que recibe apoio económico da Comisión Europea. Unha vez acadado este selo de excelencia, o proxecto botou a andar a comezos de ano cunha duración de tres anos. Coa participación de 15 socios, o obxectivo común é acelerar a dixitalización e aplicar intelixencia artificial e big data nas empresas, fundamentalmente pemes, que desenvolven a súa actividade nalgunha das catro cadeas de valor estratéxicas de Galicia e de DATAlife: agro-mar alimentación, biotecnoloxía, forestal-madeira e saúde-coidados.
O Observatorio do Sector Lácteo ten entre as súas funcións a de analizar a situación deste eido e as diferentes problemáticas que o afectan, así como a de recompilar datos técnicos e económicos das explotacións de vacún de leite. Tamén a de elaborar un sistema de información e os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo, como a situación de oferta e demanda dos produtos lácteos no mercado, os resultados da xestión técnica e económica das explotacións de leite e os prezos pagados e percibidos polos produtores.
O Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela foi o escenario da presentación da comedia Códice-K, a nova achega escénica que Ainé Producións estreará o venres 24 ás 20,30 h. no Teatro Principal, onde poderá verse tamén o sábado 25 á mesma hora. Tito Asorey e Noemi Rodríguez dirixen esta 'intrahistoria extra oficial' sobre o roubo do Códice Calixtino na catedral compostelá a partir dun texto de Manuel Cortés. As actrices Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón meteranse na pel de múltiples personaxes para ofrecer moi diferentes puntos de vista sobre esta historia. Ademais, unha DJ dará cobertura sonora e dramática á súa posta en escena.
Galicia conta xa cunha lei propia de igualdade desde hai case 20 anos, polo que foi unha das Comunidades pioneiras na protección legal da muller e dos seus dereitos. Agora, a normativa vai un paso máis alá para identificar a discriminación múltiple por etnia, idade ou discapacidade; impulsar un cambio de mentalidade nas empresas para que faciliten a conciliación e o teletraballo; perseguir a erradicación do teito de cristal e reforzar a protección das mulleres contra os ataques sexistas nas novas tecnoloxías.
A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso anunciou hoxe o cartel da súa 16ª edición, que se celebrará do 5 ao 14 de maio en diferentes espazos dos concellos de Ourense, Cea e Nogueira de Ramuín. Así, o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín, acollerá o 7 de maio a actuación de Fabio Álvarez, mentres que o de Santa María de Oseira, en Cea, será o escenario para o recital de peche o 14 de maio a cargo do cuarteto vocal The Orlando Consort, procedente de Reino Unido.
Inaugurouse hoxe no Arquivo de Galicia, coincidindo co 8 de marzo, a exposición 'Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo', centrada na saúde mental abordada desde unha perspectiva de xénero. A mostra poderá verse na Cidade da Cultura ata setembro e está enmarcada na serie Mulleres Sobranceiras que cada ano se organiza con motivo do Día Internacional da Muller. A través de 57 pezas, do fondo do Hospital Psiquiátrico de Conxo transferido ao Arquivo de Galicia polo Servizo Galego de Saúde en 2012, móstrase o relato das mulleres internadas no centro, posto en marcha en 1885, por cuestións consideradas na época enfermidades mentais.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe a necesidade de crear unha fronte común forte a nivel europeo contra as pretensións de Bruxelas de restrinxir nos vindeiros anos determinadas artes de pesca en augas comunitarias como o arrastre e evitar así os efectos perniciosos que poden ter na frota decisións arbitrarias e inxustificadas como o veto á pesca de fondo aprobado o ano pasado. Nesta liña, salientou que España debe facer un intenso labor na busca de aliados noutros países con intereses pesqueiros para tratar de frear a posible posta en marcha de normativas por parte da Comisión Europea coas que executar os seus plans.
Os cadros de persoal das empresas tecnolóxicas de Galicia están formados nun 67% por homes e nun 33% por mulleres aínda que nos últimos anos estase a experimentar un cambio de tendencia, ao crecer a maior ritmo o emprego feminino que o masculino. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) analizados polo Observatorio da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), o sector tecnolóxico empregaba a un total de 8.983 mulleres en 2022, o que supuxo un crecemento dun 5,5% con respecto a 2021. No caso dos homes tamén houbo crecemento no emprego, pero foi do 5%.