
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta tarde na presentación da antoloxía poética de Antón Tovar, impulsada polo Padroado do Museo da Limia, comarca natal do poeta, e editada por Xerais coa colaboración da Xunta. O volume, que pon punto e final ás celebracións polo centenario do nacemento do poeta en 2021, recolle 67 composicións dos sete poemarios escritos en galego por Tovar ao longo de case 40 anos.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades mostrouse satisfeito de facer accesible con esta publicación o fundamental da obra dun dos poetas en lingua galega máis importantes da posguerra e que, con todo, non é debidamente coñecido e lido polo gran público, algo que coido que está antoloxía contribuirá a corrixir.
Canda Valentín García tamén interviñeron no acto de presentación, que acolleu o Museo da Limia, Sara Vil, responsable de comunicación de Edicións Xerais; Delfín Caseiro, coordinador da antoloxía; Xosé Lois Carreira, autor das ilustracións; Xesús Alonso Montero, autor do limiar, e Antón Jardón, coordinador do museo. Ademais, no acto tamén se inaugurou a exposición coas láminas das ilustracións que acompañan a antoloxía e que poderán visitarse no propio Museo da Limia, cuxo padroado lles entregou un carné de amigos/as do Museo aos participantes.
40 anos de creación poética
A obra, que pasa a engrosar a sección clásicos de Xerais, recompila os case 40 anos de creación poética dunha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, abarcando desde Arredores (1962) ata Cadáver adiado (2001).
Introducido por un limiar de Alonso Montero, impulsor da antoloxía, e ilustrado con seis imaxes do artista da Limia Xosé Lois Carreira, o volume presenta os textos ordenados de maneira temática e cronolóxica en 12 seccións: A procura da identidade, Saudade das paraxes de outrora, O paraíso da infancia, A defensa dos desherdados, O panteísmo animista, O nihilismo, O pensamento: a vida, o medo, Deus, a morte, O amor o erotismo, a Tucha, Contra a inxustiza e a opresión, A reivindicación da lingua, A palabra creativa e Varia.
A produción do poeta da Pereira, así como boa parte da creación literaria de máis de 50 autores, pode consultarse na Biblioteca da Limia, onde permanece desde 2018.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.