
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou esta mañá a exposición Guerrilla Girls. Portfolio Compleat, 19852016, coa que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abre o programa expositivo conmemorativo do seu 30 aniversario. Unha mostra dixo que amosa por primeira vez o último material producido por este colectivo que centrou a súa obra no sexismo e na discriminación das mulleres no mundo da arte e da cultura en xeral. A proposta poderá visitarse desde hoxe ata o 18 de xuño.
O representante da Xunta de Galicia lembrou que esta é a primeira das exposicións do medio cento de propostas que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten preparadas para conmemorar as tres décadas de historia deste centro. Unha programación que inclúe mostras, intervencións artísticas, congresos, concursos, talleres, performance ou publicacións para repasar e poñer en valor a historia do CGAC e analizar os restos de futuro do museo, engadiu o director xeral.
Na presentación participaron, así mesmo, os comisarios da mostra, Yolanda Torrubia e Santiago Olmo, director do CGAC. Ambos ofrecerán esta tarde ás 18,30 horas unha conversa sobre a exposición, acompañados da xestora cultural e comisaria Rosario Sarmiento e da artista Mar Caldas.
Acción feminista e arte
Guerrilla Girls. Portfolio Compleat, 19852016 é unha escolma da produción desde mediados dos 80 ata 2016 do colectivo Guerrilla Girls, formado en Nova York en 1985 como un grupo anónimo de artistas de acción feminista. Definida polo propio colectivo como unha mostra da conciencia do mundo da arte, as obras incluídas na mostra aprópianse da linguaxe visual do márketing publicitario para transmitir as súas mensaxes feministas dunha forma directa.
Coñecidas por utilizar máscaras de gorilas para ocultar o rostro, as Guerrilla Girls identificáronse co nome de mulleres artistas falecidas como Frida Kahlo, Eva Hesse, Paula Modersohn-Becker, Käthe Kollwitz, Gertrude Stein ou Georgia OKeeffe, entre outras, omitindo así a súa identidade real ao mundo e reivindicando os logros daquelas mulleres. Ao longo da súa traxectoria, de máis de 35 anos, produciron multitude de traballos en diferentes formatos (pósteres, libros, adhesivos, proxectos de debuxo, edicións gráficas e revistas).
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.