
A nova Lei galega de igualdade entre mulleres e homes da Xunta de Galicia fará da Comunidade autónoma un referente na loita polos dereitos da muller. A nova normativa vaise remitir ao Parlamento de Galicia nas vindeiras semanas, tal e como se adiantou hoxe no acto central do Goberno galego con motivo do 8 de marzo, DÃa Internacional da Muller.
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, MarÃa Jesús Lorenzana, e doutros membros do Goberno autonómico, participou no acto que tivo lugar en Vedra baixo o lema Avanza con elas e no que interviñeron nove mulleres de varias xeracións e de diferentes eidos para ofrecer os seus testemuños. Alfonso Rueda rendeulles homenaxe a elas e tamén “ás viúvas de vivos, ás viúvas de mortos, ás pioneiras, ás referentes e a centos de miles de mulleres que construÃron Galicia”.
Galicia conta xa cunha lei propia de igualdade desde hai case 20 anos, polo que foi unha das Comunidades pioneiras na protección legal da muller e dos seus dereitos. Agora, a normativa vai un paso máis alá para identificar a discriminación múltiple por etnia, idade ou discapacidade; impulsar un cambio de mentalidade nas empresas para que faciliten a conciliación e o teletraballo; perseguir a erradicación do teito de cristal e reforzar a protección das mulleres contra os ataques sexistas nas novas tecnoloxÃas.
O titular do Goberno galego recordou que a loita a favor da igualdade é “unha loita de todos” e que non depende nin de xéneros nin de cores polÃticas, de aà a necesidade de tomar medidas para erradicar as eivas que aÃnda permanecen na sociedade, como a fenda salarial, as múltiples formas de violencia ou “os estereotipos e arquetipos machistas”, indicou o presidente do Goberno galego.
O Goberno galego comparte os obxectivos da Organización das Nacións Unidas para o 8M, que este ano leva por lema Por un mundo dixital e inclusivo: innovación e tecnoloxÃa para a igualdade. De feito, a Xunta traballa desde hai tempo nesa dirección e segue a facelo con iniciativas como o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025, que con case 45 millóns de euros conta co maior orzamento da súa historia; con actividades para promover as vocacións STEM entre as nenas e as mozas e protexendo os dereitos das mulleres nos espazos dixitais, tendo en conta que desde o ano 2021 Galicia considera por lei a violencia dixital como unha forma máis de violencia.
Nese sentido, o presidente da Xunta quixo poñer en valor “todo o talento que hai en Galicia” e animar a que as mozas elixan o seu destino e sexan donas do seu futuro, sen renunciar ás carreiras cientÃficas nas que poden demostrar as súas competencias.
Compromiso coa igualdade
O Goberno galego traballa todos e cada un dos dÃas por unha Galicia mellor, que é o mesmo que dicir unha Galicia máis inclusiva, igualitaria e sen discriminacións por razón de xénero. A Xunta leva máis de 30 anos amosando o seu firme compromiso a prol da igualdade e ese compromiso vén de ratificarse unha vez máis nos orzamentos deste ano, nos que a contÃa destinada á área de igualdade incrementouse nun 42 % ata chegar a os 44,5 millóns de euros.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.