Archivo (2 del 2023)

Buscador

Noticias

O concurso está dividido en tres categorías: dúas delas para a web (A e B) e unha exclusiva para Instagram (C). As mensaxes presentadas en todas as modalidades poderán enviarse ata o 17 de marzo e deberán estar escritas en lingua galega, ben en prosa ou ben en verso. Nas categorías A e B particípase a través da páxina do concurso mediante un formulario de inscrición. A primeira delas é para a rapazada de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 aos 35.
O Goberno galego creará un consello empresarial para coordinar actuacións pola vía da colaboración público-privada. Este consello, que contará con empresas galegas, reunirase periodicamente e revisará os avances, axudando á toma de decisións. A Xunta confía en que o tecido empresarial, xunto cos centros tecnolóxicos e de investigación, sexa capaz, a través do Polo Aeroespacial de Galicia, de incrementar a súa participación en convocatorias de I+D nacionais e internacionais, en programas aeroespaciais e na venda da súa tecnoloxía noutros mercados, apuntando que a Administración autonómica traballará man a man coas empresas para lograr estes obxectivos.
Foi clausurado o programa de dinamización lingüística '21 días co galego e +', que nesta quinta edición implicou 12 centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias. Esta quinta edición foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora, pois alcanzou un 20% máis de participación ca a anterior, o cal revela nun aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando o alumnado que xa era galegofalante.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou ao embaixador de Portugal en España a vontade de Galicia por manter os lazos de irmandade a prol do progreso da cidadanía ás dúas beiras do Miño. O mandatario galego recibiu a João Antonio da Costa Mira-Gomes nun encontro no que tamén participou o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Diego Calvo. O titular do Goberno galego e o embaixador portugués coincidiron nos bos rendementos acadados polas relacións fluídas e constantes entre o norte de Portugal e Galicia a través da Eurorrexión, coa posta en marcha dun importante número de iniciativas que melloraron a calidade de vida da veciñanza e favoreceron a economía das persoas que viven e traballan na zona transfronteiriza.
A investigadora do CITIC (Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones), Thais Pousada, lidera o proxecto desenvolvido polo doutorando Manuel Lagos, que busca favorecer a rehabilitación das persoas con discapacidade mediante o uso de escenarios virtuais que permiten a realización de diversas actividades da vida cotiá como cortar un anaco de carne ou abrir a billa para encher una xerra.
'Picasso, branco no recordo azul' reivindica a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu período de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración. Trátase dunha mostra que se enmarca na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, con Telefónica como empresa colaboradora.
O Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa 2021-2027 entra en vigor como unha folla de ruta con rango de lei para lograr que o 100% das masas de auga da conca acaden o bo estado. O BOE publica a aprobación deste plan, tras unha tramitación que comezaba coa luz verde por parte do Consello da Xunta hai xa oito meses, e a posterior autorización, o pasado 24 de xaneiro, por parte do Goberno central. Con ese fito, Galicia pioneira ao aprobar o seu plan de conca, un instrumento de planificación que ten moi en conta a necesidade de adaptar a xestión da auga ao novo contexto de cambio climático, tanto no relativo ao risco de inundacións como aos episodios de seca.
A Rede Galega de Música ao Vivo achégalle ao público dunha decena de localidades galegas a súa nova programación, configurada por 83 concertos de moi variados estilos que terán lugar ata finais de setembro en 11 salas: A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro), Sala La Room (Ferrol), Pub Gatos (Melide), Guión Clube (Pontedeume) e Borriquita de Belém e Casa das Crechas (Santiago de Compostela), na da Coruña; o Club Clavicémbalo da capital lucense, na de Lugo; Cafe Cultural Auriense (Ourense) e A Arca da Noe (Vilar de Santos), na de Ourense; e Sala Krazzy Kray (Cambados) e La Fábrica de Chocolate Club (Vigo), na de Pontevedra.
Galicia propuxo un total de 117 areais para optar á Bandeira Azul 2023, o que supón 2 novas candidaturas con respecto ás presentadas na edición do pasado ano 2022, tal e como salientou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, logo de participar na reunión do xurado nacional que concede estes distintivos. Do Campo incidiu en que a Comunidade galega, coas 117 propostas —38 da Coruña, 19 de Lugo e 60 de Pontevedra—, é a terceira autonomía que máis opcións presentou, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía. Os areais candidatos de Galicia foron avaliados xunto cos de Madrid, País Vasco, Cantabria, Asturias e Estremadura.
Nacida co obxectivo de impulsar o comercio internacional das cooperativas e pequenas empresas agroalimentarias galegas, a iniciativa europea -pilotada na comunidade pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentaria (Agaca) co apoio da Xunta de Galicia- chegou a 30 entidades, que participaron nalgunha das actividades do proxecto, e permitiu posicionar máis de 50 produtos en tres plataformas dixitais de vendas (marketplaces).
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES