Noticias

Bota a andar a duodécima edición de 'Lingua de namorar', o certame que promove as declaracións de amor en galego

O concurso está dividido en tres categorías: dúas delas para a web (A e B) e unha exclusiva para Instagram (C). As mensaxes presentadas en todas as modalidades poderán enviarse ata o 17 de marzo e deberán estar escritas en lingua galega, ben en prosa ou ben en verso. Nas categorías A e B particípase a través da páxina do concurso mediante un formulario de inscrición. A primeira delas é para a rapazada de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 aos 35.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentaron esta mañá no Pazo de San Roque a duodécima edición do certame Lingua de namorar, o concurso de declaracións de amor en galego impulsado polas consellerías de Cultura e Política Social para dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou que “como cada ano, e xa van 12, con este certame a Xunta quere incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para os momentos de lecer, a diversión e as relacións persoais, así como tamén para as mensaxes de amor, inclusive cando estas se comparten en redes sociais”.

Pola súa parte, Cristina Pichel subliñou que este certame, xa consolidado, é unha das iniciativas que ten a Xunta de Galicia en marcha para promover e impulsar o talento e a creatividade que atesoura a mocidade galega, neste caso, no eido das letras. Ademais, puxo en valor o éxito da pasada edición con máis de 2.500 persoas implicadas entre participantes e votantes.

Persoas destinatarias e categorías

O concurso está dividido en tres categorías: dúas delas para a web (A e B) e unha exclusiva para Instagram (C). As mensaxes presentadas en todas as modalidades poderán enviarse ata o 17 de marzo e deberán estar escritas en lingua galega, ben en prosa ou ben en verso.

Nas categorías A e B particípase a través da páxina do concurso mediante un formulario de inscrición. A primeira delas é para a rapazada de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 aos 35. As mensaxes que participen nestas dúas categorías non deberán superar os 350 caracteres e serán publicadas na páxina do concurso, identificadas polo título e o número que se lles asigne. As declaracións de amor gañadoras serán as únicas que, posteriormente, se identifiquen co nome e apelidos dos autores. Do 20 ao 26 de marzo todas as persoas que o desexen poderán votar polas súas mensaxes favoritas, para o cal deberán rexistrarse previamente na páxina do concurso. O xurado elixirá as propostas gañadoras entre as 50 máis votadas de cada categoría.

Pola súa parte, a categoría C, exclusiva para Instagram, está aberta a toda a mocidade dos 14 aos 35 anos, que poderá participar directamente na imaxe habilitada para o concurso no perfil @xuventudedegalicia. Neste texto indicarase, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o título e, a seguir, a mensaxe de amor. Ao final da dita publicación engadirase tamén o cancelo #LinguaDeNamorar. Ademais diso, as persoas participantes deberán etiquetar dúas amizades de Instagram e seguir as contas @linguagalega e @xuventudedegalicia. Nesta modalidade as mensaxes non poderán exceder os 200 caracteres. O xurado do concurso fará unha preselección das declaracións finalistas e o público poderá votar polas súas favoritas entre o 11 e o 16 de abril.

Resolución coas persoas gañadoras e premios

A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 21 de abril na páxina web de Xuventude e no Portal da Lingua Galega, así como nas respectivas contas de Instagram. No caso da categoría C, a persoa autora da mensaxe gañadora deberá poñerse en contacto coa organización antes do 26 de abril para reclamar o premio e facilitar os datos de contacto.

No tocante aos premios, establécense tres para a categoría A e outros tres para a B. Os primeiros recibirán unha tableta Samsung, os segundos un libro electrónico e os terceiros uns cascos sen fíos. Pola súa parte, a categoría C terá un único gañador, que recibirá unha tableta Samsung. A data de entrega dos ditos premios publicarase no espazo web específico do concurso nos próximos meses.

R., 2023-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
Foto de la tercera plana (lobo-galicia.jpg) A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou hoxe que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou esta mañá en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable ao contrario do que reflicten os datos oficiais.

Notas

Promovida polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un equipo de investigadores e investigadoras da UVigo inicia estes días en Ons unha nova campaña arqueolóxica no castro do Castelo dos Mouros. As escavacións, que se desenvolverán ao longo de catro semanas, céntranse en dúas áreas que foron obxecto de sondaxes arqueolóxicas na campaña realizada o pasado ano, co propósito de obter novos datos.
A UDC, a través do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, participa no proxecto europeo TiBeRIUM, unha iniciativa financiada pola Comisión Europea destinada a impulsar novas capacidades tecnolóxicas e estratéxicas para o fortalecemento da defensa europea. O proxecto, concedido pola Comisión Europea en xaneiro deste ano, celebrou esta semana a súa Kick-off Meeting.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES