Noticias

Rueda traslada ao embaixador de Portugal en España a vontade de Galicia por manter os lazos de irmandade a prol do progreso da cidadanía ás dúas beiras do Miño

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou ao embaixador de Portugal en España a vontade de Galicia por manter os lazos de irmandade a prol do progreso da cidadanía ás dúas beiras do Miño. O mandatario galego recibiu a João Antonio da Costa Mira-Gomes nun encontro no que tamén participou o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Diego Calvo. O titular do Goberno galego e o embaixador portugués coincidiron nos bos rendementos acadados polas relacións fluídas e constantes entre o norte de Portugal e Galicia a través da Eurorrexión, coa posta en marcha dun importante número de iniciativas que melloraron a calidade de vida da veciñanza e favoreceron a economía das persoas que viven e traballan na zona transfronteiriza.

Alfonso Rueda e João Antonio da Costa incidiron tamén na necesidade de seguir traballando para acadar as infraestruturas pendentes entre España e Portugal a través de Galicia. O presidente da Xunta agradeceu ao Goberno portugués a través do seu embaixador a súa aposta decidida pola conexión ferroviaria de Portugal con Galicia.

Encontro cos empresarios galegos

O embaixador de Portugal en España tamén participou nun almorzo-coloquio organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia, no que interveu o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, quen incidiu na relación de confianza entre Galicia e Portugal. Conde subliñou os retos e obxectivos comúns en sectores prioritarios como a automoción, a enerxía ou o agroalimentario e avogou por consolidar o potencial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para impulsar a súa competitividade.

R., 2023-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES