
Nese sentido, a representante da Xunta desexou que o esforzo realizado por 34 concellos 14 da provincia da Coruña, 8 de Lugo e 12 de Pontevedra, un máis que o pasado ano 2022, se vexa recompensado cun distintivo para o 100% das candidaturas, sobre todo porque as administracións locais dedican importantes recursos para que os seus areais gocen de boa calidade das augas que ten que ser excelente, seguridade, servizos, e accesibilidade; así como para unha atinada xestión ambiental.
O fallo do xurado, que valorará que os areais sexan lugares seguros e accesibles para todas as persoas, darase a coñecer a mediados do mes de maio, tal e como lles trasladou o presidente da Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), José Palacios.
Asemade, este encontro foi unha oportunidade para abordar a necesidade de aumentar a resiliencia das zonas litorais, sobre todo das dunas e das pradarías submarinas, xa que actúan como axentes protectores naturais das praias ante os temporais e, polo tanto, son imprescindibles para mitigar os efectos do cambio climático.
O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou hoxe que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou esta mañá en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable ao contrario do que reflicten os datos oficiais.