Noticias

Máis de 4.500 persoas participaron na quinta edición do programa de dinamización lingüística '21 días co galego e +'

Foi clausurado o programa de dinamización lingüística '21 días co galego e +', que nesta quinta edición implicou 12 centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias. Esta quinta edición foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora, pois alcanzou un 20% máis de participación ca a anterior, o cal revela nun aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando o alumnado que xa era galegofalante.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron esta mañá no IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) na clausura do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que nesta quinta edición implicou 12 centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias.

O representante de Política Lingüística destacou que esta quinta edición “foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora, pois alcanzou un 20% máis de participación ca a anterior, o cal revela nun aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando o alumnado que xa era galegofalante”. Neste contexto, Valentín García quixo “agradecerlle a todo o profesorado, aos equipos de dinamización da lingua galega e ao estudantado implicado todo o agarimo posto no traballo realizado”.

No acto tamén participaron Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis; Fernando Pérez, deputado autonómico por Caldas de Reis; Pilar Ponte, coordinadora xeral do programa, e Juan Manuel Campos e mais Manuel Rosales, directores do CPI Plurilingüe Alfonso VII e do IES Aquis Celenis, respectivamente. Ademais, o acto estivo amenizado por unha pequena intervención do alumnado destes centros de Caldas, participantes ambos os dous nesta quinta edición do programa.

Coa clausura desta fase, o programa entra na súa terceira etapa, que incluirá por primeira vez o I Encontro 21 días co galego e +, unha xornada de confraternización que xuntará a todos os centros participantes na Cidade da Cultura a tarde do 28 de febreiro para intercambiar experiencias e amosar a súa creatividade.

Impacto nas redes sociais

Baixo o lema Falando para un mundo mellor, que motiva a rapazada a medrar no uso do galego, o alumnado do último ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP comprometeuse a falar en galego as 24 horas do día entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro, tanto dentro como fóra do centro.


Disto quedou constancia no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se compartiron as creacións dos centros participantes, así como tamén nas contas de Facebook, TikTok, Instagram e Twitter, que un ano máis gozaron de grande alcance tendo en conta que se trata dunha actividade educativa restrinxida a un número limitado de centros e que só dura 21 días, 105 en total ao acumular as cinco edicións.

Así, a canle de Youtube, que suma xa máis de 400 vídeos publicados ao longo destes anos, acumula máis de 95.000 reproducións cun total de máis de 3.400 horas de visualización e 209 contas subscritoras. Ademais, cómpre ter en conta que todo o alumnado participante se conecta colectivamente na súa aula a través dunha única conexión, de maneira que o número de visualizacións non reflicte o número de persoas que ve cada día o vídeo, que é moito maior.

Programa en continua expansión

Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inicialmente o desenvolveu en catro centros educativos, un por cada unha das provincias galegas.

R., 2023-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES