Noticias

A Rede de Música ao Vivo presenta 83 novos concertos en 11 salas da nosa comunidade

A Rede Galega de Música ao Vivo achégalle ao público dunha decena de localidades galegas a súa nova programación, configurada por 83 concertos de moi variados estilos que terán lugar ata finais de setembro en 11 salas: A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro), Sala La Room (Ferrol), Pub Gatos (Melide), Guión Clube (Pontedeume) e Borriquita de Belém e Casa das Crechas (Santiago de Compostela), na da Coruña; o Club Clavicémbalo da capital lucense, na de Lugo; Cafe Cultural Auriense (Ourense) e A Arca da Noe (Vilar de Santos), na de Ourense; e Sala Krazzy Kray (Cambados) e La Fábrica de Chocolate Club (Vigo), na de Pontevedra.

A Xunta achégalle ao público dunha decena de localidades galegas a nova programación da Rede Galega de Música ao Vivo, configurada por 83 concertos de moi variados estilos que terán lugar ata finais de setembro en 11 salas. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades financia con preto de 115.000 euros o desenvolvemento destas actuacións, de xeito que asume o 100% dos custos da produción e da contratación dos 63 grupos galegos que as protagonizan.

Este investimento canalízase a través dunha das modalidades da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas, dentro da que xa no segundo semestre de 2022 se retomou a actividade do circuíto autonómico con 74 citas a cargo de 57 grupos. O obxectivo é contribuír á recuperación económica destes espazos, afectados polas medidas sanitarias, así como garantir a estabilidade na programación da música en directo en Galicia, máis alá dos eventos de gran formato, como parte dunha oferta cultural variada e descentralizada que busca a proximidade co público.

Esta nova xeira da Rede Galega de Música ao Vivo estase a desenvolver desde o pasado 11 de xaneiro en 11 locais das catro provincias: A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro), Sala La Room (Ferrol), Pub Gatos (Melide), Guión Clube (Pontedeume) e Borriquita de Belém e Casa das Crechas (Santiago de Compostela), na da Coruña; o Club Clavicémbalo da capital lucense, na de Lugo; Cafe Cultural Auriense (Ourense) e A Arca da Noe (Vilar de Santos), na de Ourense; e Sala Krazzy Kray (Cambados) e La Fábrica de Chocolate Club (Vigo), na de Pontevedra.

Seis citas esta semana

A carteleira desta semana arranca hoxe mesmo na Casa das Crechas de Santiago co concerto que ofrecerá ás 21,00 h. Madalena Gamalho, unha das voces emerxentes do actual panorama musical galego. Mañá venres será a quenda de Pauliña, quen actuará no Café Cultural Auriense, onde ao día seguinte estarán SonDaRúa. Tamén o sábado, a Rede Galega de Música ao Vivo programa os concertos de Los Jinetes del Trópico en La Fábrica de Chocolate, Broa no Pub Gatos e Belém Tajes Trío na Sala Guión.

Os 63 nomes que figuran no cartel 100% galego desta nova temporada do circuíto da Xunta dan conta da gran variedade do actual panorama musical galego en estilos como o folk, canción de autor, electrónica, pop, rock, blues, jazz ou rap, entre outros, da man de formacións como Ailá, Cuarta Xusta, Elephants Yard , Faltriqueira, Igloo, Ju Young & Martín Otero, Maryland, Moura, Nastasia Zücher, Sanny, Sinestesia ou The Rapants.

A programación completa pode consultarse nas seccións de axenda das web de Cultura de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais.

R., 2023-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES