Archivo (6 del 2021)

Buscador

Noticias

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da web audiovisual coa que se dan a coñecer varios itinerarios a través de máis dun cento de vídeo-historias cos relatos sobre as experiencias dos peregrinos. Esta web audiovisual é unha das iniciativas beneficiarias da primeira edición do programa O Teu Xacobeo e conta cunha axuda de 20.000 euros.
O ámbito de descubrimento de fármacos no que traballan a Fundación Kærtor e a Plataforma de cribado de fármacos e farmacoxenómica Innopharma da USC forma parte, na actualidade, da candidatura galega da Xunta de Galicia, xunto a Grupo Zendal e a Corporación Hijos de Rivera, aos fondos europeos Next Generation. Iniciativas como I2D2 (Incubation Innovation in Drug Discovery) ou Cancro Innova son dous dos exemplos máis significativos do éxito deste modelo de colaboración en innovación aberta para conectar a investigación coa súa aplicación.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe, nunha resposta no pleno do Parlamento galego, que a Xunta condonará total ou parcialmente a débeda do 80% das persoas que recibiron o Ingreso Mínimo Vital (IMV) e a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) de xeito simultáneo. Trátase daquelas persoas que teñen fillos ao seu cargo. Fabiola García explicou que, como Galicia, son moitas as comunidades que coa aparición do Ingreso Mínimo Vital se atopan con duplicidades entre prestacións. Para que as persoas que cobraron ambas rendas poidan normalizar a súa situación o Goberno galego achega varias facilidades, como conceder un prazo de 30 meses para devolver as contías ou condonar a débeda.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.250 deles 439 son da área da Coruña, 151 da de Lugo, 142 da de Ourense, 119 da de Pontevedra, 197 da área de Vigo, 100 da de Santiago e 102 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 1.191 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.871 persoas curadas, rexistrándose 2.434 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.331.075. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.427.460.
As mozas e mozos galegos poderán activar o Carné Xove tamén por vía electrónica. A Xunta de Galicia habilitará un formulario na rede para que aqueles que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden desprazarse para activala, poidan facelo desde a súa casa. De igual xeito, os 36 puntos de activación presenciais seguirán dispoñibles. A Xunta de Galicia está a enviar aos máis de 400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos esta tarxeta de xeito gratuíto aos seus fogares. Aqueles que con anterioridade ao envío xa tiveran o carné, simplemente recibirán un novo coa imaxe actualizada da tarxeta e xa estará listo para utilizar. Aqueles que non tiñan Carné Xove deberán activalo, ben nalgún dos 36 puntos habilitados en toda a Comunidade ou ben por vía electrónica.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Plan de Acción en Software Libre 2021, que recolle diferentes actuacións co obxectivo de fomentar e promover o uso e reutilización de software libre na administración pública, o impulso dunha oferta de solucións libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade. Como xa vén sendo habitual, unha parte moi importante destas actuacións desenvolveranse en colaboración dos principais axentes do ecosistema de software libre galego. Así asináronse convenios coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL); e co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense da Universidade de Vigo polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), reuniu este venres na xornada A Galicia Dixital de 2040 'a un nutrido grupo de expertos tecnolóxicos para dar resposta ás preguntas chave sobre o estado de dixitalización da economía galega'. Nela, os seus especialistas advertiron de que 'nos próximos 20 anos con seguridade produciranse transformacións tecnolóxicas a unha escala maior do coñecido'.
Os areais galegos reciben en total 111 bandeiras azuis -catro máis que o ano pasado-; os portos deportivos 11; e para premiar as iniciativas a prol da educación ambiental e o mantemento de sendas naturais de especial relevancia, resultaron galardoados tamén 13 centros azuis e 20 sendeiros, situándonos no primeiro posto nacional en canto a estes itinerarios que contribúen ao uso sostible do litoral. Así, un ano máis, Galicia mantense nos primeiros postos de toda España, cunha de cada cinco de todas as distincións nacionais. Un dato aínda máis relevante se se ten en conta que España lidera o ránking mundial de bandeiras azuis.
Contribuír, nun escenario de cambio climático global, á prevención dos grandes incendios forestais e á xestión dos espazos susceptibles de sufrilos en diferentes áreas rurais ao longo da fronteira entre España e Portugal. Ese é obxectivo central de Firepoctep, un proxecto seleccionado na convocatoria Interreg V A España-Portugal e coordinado pola Junta de Andalucía, no que participan 21 institucións de España e Portugal, entre as que se atopan as universidades galegas. Cun orzamento de preto de 5,5 millóns de euros, financiados nun 75% con fondos Feder, o proxecto que este xoves desenvolvía en Sevilla a súa reunión de lanzamento engloba iniciativas como a identificación de 'zonas estratéxicas de xestión' en diferentes áreas piloto ao longo da fronteira, nas que as actuacións preventivas poidan diminuír os efectos e intensidade dos lumes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.355, deles 410 son da área da Coruña, 177 da de Lugo, 154 da de Ourense, 127 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 127 da de Santiago e 96 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 45 en unidades de hospitalización e 1.294 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.458 persoas curadas, rexistrándose 2.430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.318.614. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.323.115.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES