Noticias

Galicia, á vangarda no descubrimento temperá de fármacos

O ámbito de descubrimento de fármacos no que traballan a Fundación Kærtor e a Plataforma de cribado de fármacos e farmacoxenómica Innopharma da USC forma parte, na actualidade, da candidatura galega da Xunta de Galicia, xunto a Grupo Zendal e a Corporación Hijos de Rivera, aos fondos europeos Next Generation. Iniciativas como I2D2 (Incubation Innovation in Drug Discovery) ou Cancro Innova son dous dos exemplos máis significativos do éxito deste modelo de colaboración en innovación aberta para conectar a investigación coa súa aplicación.

Coñecer de primeira man os avances en descubrimento temperá de fármacos foi o obxectivo do percorrido que este martes realizaron o reitor Antonio López e o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, polas instalacións da Fundación Kærtor e a Plataforma Innopharma no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS). Tamén tomaron parte na visita a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o director do CiMUS, Carlos Diéguez; e os patróns da Fundación Kærtor, Mabel Loza, Ángel Carracedo e José Manuel Silva. O percorrido permitiu afondar no desenvolvemento de proxectos innovadores na detección temperá de novos fármacos xa que os investigadores principais da Plataforma deron a coñecer aspectos sobre procesos chave no labor diario do traballo de campo.

Proxectos de vangarda

O ámbito de descubrimento de fármacos no que traballan a Fundación Kærtor e a Plataforma de cribado de fármacos e farmacoxenómica Innopharma da USC forma parte, na actualidade, da candidatura galega da Xunta de Galicia, xunto a Grupo Zendal e a Corporación Hijos de Rivera, aos fondos europeos Next Generation. Iniciativas como I2D2 (Incubation Innovation in Drug Discovery) ou Cancro Innova son dous dos exemplos máis significativos do éxito deste modelo de colaboración en innovación aberta para conectar a investigación coa súa aplicación.

Tratamento do cancro

I2D2 constituíu a primeira incubadora española de novos fármacos que abriu o camiño, xa en 2017, da colaboración público-privada con entidades científicas, institucionais e industriais; e Cancro Innova, por continuar a senda da cooperación científico (Fundación Kærtor)-empresarial (Janssen)-institucional (GAIN) e dar entrada a outros socios industriais (Lilly) e ao colectivo de pacientes (Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O seu obxectivo é traballar nun novo programa de incubación no ámbito do descubrimento de fármacos que permita avanzar proxectos no tratamento do cancro e levalos ata proba de concepto clínica en humanos baixo o paraugas da primeira Business Factory Medicines galega.

“Un marco de colaboración e co-creación”, segundo indica a directora científica da Fundación Kærtor, Mabel Loza, “que debe proseguir no futuro porque é sinónimo de competitividade e liderado en contornas globais de innovación aberta; así como evidencia das fortalezas do noso ecosistema”.

A Plataforma Innopharma do CiMUS forma parte do ERIC europeo EU-OPENSCREEN, infraestrutura transnacional de acordo cos criterios da Unión Europea para o devandito ERIC, que presenta estas infraestruturas de investigación (RI) como “hubs” de excelencia científica de Europa. Ata a data, logrou importantes resultados, entre eles a atracción do 57% (15 de 26) dos proxectos Inter-europeos que se solicitaron ás plataformas de cribado do ERIC, 42 acordos con compañías e empresas, seis acordos con industrias farmacéuticas para desenvolver novos modelos de colaboración público-privada e novos estándares en descubrimento de fármacos e para a formación de novos profesionais, así como 25 acordos de colaboración con grupos de excelencia dos mellores centros nacionais.

Interese galego

A Fundación Kærtor é unha fundación de interese galego con fins científicos, sanitarios e de impulso da economía social e produtiva de Galicia, co obxectivo de xestión, aplicación e execución de programas de descubrimento de fármacos transformacionais da terapéutica. Os patróns da Fundación fusionan visión global e experiencia acumulada en farmacoxenómica e descubrimento de fármacos con quince novas entidades químicas que entraron en ensaios clínicos en pacientes nos últimos 20 anos en colaboracións público-privadas. Conta cunha metodoloxía propia, única e validada para aplicar con alta eficiencia en tempos e custos a súa investigación farmacoxenómica a programas de investigación básica e con capacidade de atracción de empresas tractoras.

R., 2021-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES