Archivo (6 del 2021)

Buscador

Noticias

A Xunta de Galicia iniciará este sábado 19 de xuño as probas das oposicións do ensino máis amplas da historia tanto en número de prazas, un total de 3.894, como de tribunais e sedes. Deste xeito os exames, cuxa primeira proba se realizará entre o sábado e o día 25, desenvolveranse nun total de 132 sedes en 23 localidades de toda Galicia. A segunda proba terá lugar con posterioridade, nas datas marcadas polos tribunais. É a primeira vez que as oposicións se realizan en localidades máis aló das sete cidades galegas.
Galicia segue a recuperar os resultados positivos das súas vendas ao exterior. Unha tendencia que xa comezou a reflectirse nos últimos meses do ano, e que se consolida agora nos primeiros meses deste exercicio. Así, e como amosan os últimos datos dispoñibles, as exportacións galegas de maio duplicáronse con respecto ao mesmo mes do ano anterior (+109,7%), permitindo acadar nesta ocasión os 2100 millóns de euros. Un dato, que sendo bo, mellora en comparación co total de España. No conxunto do Estado, as exportacións en maio medraron á metade de ritmo que en Galicia: a media nacional de crecemento neste mes con respecto ao mesmo período do ano pasado sitúase nun 55,3%.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá, en rolda de prensa, da decisión adoptada polo comité clínico de adiantar unha semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos que recibiran a primeira dose da vacina de Astrazeneca. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que o departamento que dirixe tamén traballa nun documento de desescalada que ten por obxecto avanzar cara a nova normalidade.
Establecer unhas liñas e criterios que permitan unha ordenación do Sistema Universitario de Galicia (SUG) racional e acorde coas necesidades da comunidade para levar o ensino universitario galego “ás máis altas cotas de competitividade, calidade e excelencia” é a meta coa que nace o acordo asinado este mércores por USC, UDC, UVigo e Xunta de Galicia. O documento presentado polo reitor da USC Antonio López; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e os reitores da UDC, Julio Abalde; e da UVigo, Manuel Reigosa define, baixo a premisa da flexibilidade, os criterios polos que se rexerán as titulacións do SUG a implantar ata o ano 2026.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.346, deles 401 son da área da Coruña, 175 da de Lugo, 145 da de Ourense, 124 da de Pontevedra, 274 da área de Vigo, 134 da de Santiago e 93 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 47 en unidades de hospitalización e 1.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.356 persoas curadas, rexistrándose 2.430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.314.801. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.288.094.
O festival MindoMúsica que celebrarase do 28 de xuño ao 4 de xullo en distintos emprazamentos de Mondoñedo. Na programación inclúese desde a Catedral ata varias parroquias, con concertos en pequeno e medio formato que incluirán encontros de músicos coa veciñanza nos locais sociais coa intención de achegar a música clásica a todos os públicos. MindoMúsica aposta tamén pola revalorización dos músicos mindonienses e pola promoción da riqueza histórico-cultural. Por iso, completarase coa organización dunhas xornadas en torno á figura de Pacheco e a súa obra.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.274 deles 458 son da área da Coruña, 161 da de Lugo, 141 da de Ourense, 123 da de Pontevedra, 191 da área de Vigo, 103 da de Santiago e 97 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 1.224 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.932 persoas curadas, rexistrándose 2.434 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.334.110. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.470.338.
Alberto Núñez Feijóo trasladou á Súa Santidade o Papa Francisco a invitación do pobo galego a que peregrine a Santiago de Compostela neste Ano Santo 21-22. 'Sería sen dúbida a mellor noticia que poderíamos recibir os galegos', abundou. Durante a audiencia, na que acompañou ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, Feijóo agradeceu ao pontífice o 'privilexio' de poder celebrar o Ano Santo ata o 2022; un feito que ocorre por primeira vez na historia e que 'enche de esperanza a toda Galicia'.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou hoxe a Estatística de Variacións Residenciais que ven a destacar que Galicia mantivo en 2020 o signo positivo migratorio pese ao efecto da Covid-19 e as fortes restricións á mobilidade. No ano 2020 mantívose o signo positivo do saldo migratorio total en Galicia, é dicir, un número maior de entradas con respecto ás saídas, que acada un total de 14.616 persoas. A pesar de todas as restricións a mobilidade do ano 2020, este é o segundo mellor saldo de toda a serie histórica dende 2010, so por detrás do pasado ano que era positivo en 17.747 persoas.
Hoxe abren a metade de albergues da Rede pública con tódalas medidas de prevención ante a covid-19, dos que 5 deles se atopan no Camiño Francés. Trátase dos do Cebreiro, Casa Fonte de Lusío (Samos), Ferreiros (Paradela), o de Portomarín, e Mato Casanova (Palas de Rei). O límite de ocupación nas zonas comúns será do 50%, pero nas habitacións redúcese aos 30%, salvo para grupos burbulla acreditados. As camas disporanse cunha distancia mínima de 1,5 metros, aínda que se aconsellan os 2 metros se é posible.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES