Archivo (6 del 2021)

Buscador

Noticias

A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.673. Deles 512 son da área da Coruña, 206 da de Lugo, 168 da de Ourense, 262 da de Pontevedra, 285 da área de Vigo, 164 da de Santiago e 76 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 44 en unidades de hospitalización e 1.619 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.554 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.579. Deles 499 son da área da Coruña, 193 da de Lugo, 170 da de Ourense, 238 da de Pontevedra, 256 da área de Vigo, 153 da de Santiago e 70 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 1.527 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.486 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
A convocatoria, cun investimento de 1,5M€, sairá publicada no Diario Oficial de Galicia o venres, 2 de xullo, coa previsión de poder apoiar 50 proxectos con axudas que oscilan entre os 5000 e os 100.000€. Trátase dunha liña de apoios específica enmarcada no Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024-Diferenza, que busca consolidar a cultura da innovación e o deseño no tecido empresarial de Galicia.
O Presidente afirmou que a partir do 1 de xullo estarán en funcionamento un total de 71 albergues da rede pública, e refiriuse ao Camiño de Santiago como un compendio de culturas e de valores, pero tamén de vontades de persoas e institucións por colaborar para facer deste Xacobeo 21-22 unha oportunidade de recuperación económica Destacou que a posta en marcha deste albergue pon de manifesto a aposta do Goberno galego pola rehabilitación e polo Casco Vello de Vigo, no que xa se recuperaron máis de 110 vivendas e 34 locais; e están en execución catro obras máis.
A Xunta ven de activar oficialmente a súa plataforma dixital de núcleos rurais en estado de abandono, unha ferramenta novidosa prevista na Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas para loitar contra o despoboamento e reactivar estas zonas da Comunidade. A plataforma está dispoñible desde hoxe, se ben polo momento, tan só ofrece información relativa a inmobles localizados en Sober, o concello escollido para realizar a experiencia piloto de lanzamento. Precisamente, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou municipio lucense para presentar a iniciativa e animar ao resto de entidades locais galegas con núcleos rurais en situación de abandono a sumarse e seguir o exemplo de Sober, concello pioneiro en canto ao uso e aproveitamento desta nova ferramenta dixital co obxectivo de atraer poboación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.377, deles 484 son da área da Coruña, 191 da de Lugo, 150 da de Ourense, 152 da de Pontevedra, 20. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 1.331 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.183 persoas curadas, rexistrándose 2.435 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.344.145. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.566.594.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ven de presentar a primeira edición do programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, nova iniciativa da Xunta que, nas súas palabras, supón unha "aclamación conxunta dun dos maiores bens culturais que ten a nosa Comunidade". A partir da convocatoria pública que se activou coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza, seleccionáronse as 23 compañías galegas que, xunto con sete formacións do resto de España, Francia e Portugal, lle dan forma a esta iniciativa que reflicte o "magnífico momento creativo" da danza en Galicia, ao tempo que poñer en valor o noso gran patrimonio cultural e paisaxístico.
A decisión da Santa Sé de prolongar o Ano Santo ata o 31 de decembro de 2022 fixo necesario modificar o manual de identidade gráfica da marca Xacobeo 21 anterior á prórroga, se ben a Administración xeral e o sector público autonómico poderán empregar ata esgotar existencias o material corporativo impreso con anterioridade á entrada en vigor do decreto aprobado este xoves polo Consello da Xunta de Galicia. O manual aplicarase a toda a gama de produtos de comunicación da marca Xacobeo 21-22 co obxectivo de darlle á imaxe de marca identidade e coherencia na súa comunicación arredor dos dous elementos sobre a que se constrúe: a cuncha de vieira e un logotipo deseñado con letras personalizadas.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, compareceu a petición propia na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia. Na súa comparecencia sinalou que a presente campaña de verán permite incidir en tres aspectos moi beneficiosos como son: a conciliación, o ocio responsable e a creación de emprego no sector do tempo libre. Cifrou en 650 os contratos asociados a esta campaña durante o ano pasado e destacou que a Xunta de Galicia segue fortalecendo esta oferta como fixo o ano pasado, a pesar da crise sanitaria da covid-19. Neste sentido, lembrou que Galicia foi das poucas comunidades que mantivo estas actividades durante o verán do 2020 cun moi bo resultado, xa que non se rexistrou ningún caso positivo. Así mesmo, fixo balance da oferta da campaña deste ano, que ten como lema ‘O verán que mereces’, e no que se ofertarán un total de 7.800 prazas entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e intercambios con outras comunidades. Trátase de mil prazas máis que o pasado ano.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, anunciou que a Xunta de Galicia se marca o obxectivo de ser unha administración neutra en carbono no ano 2040, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro en todos os seus ámbitos. Ángeles Vázquez presentou 'un novo reto' da Estratexia galega de cambio climático e enerxía de 2050: a folla de ruta elaborada polo Goberno galego e coa que a Comunidade se converteu nunha das primeiras rexións europeas en establecer por escrito este compromiso de neutralidade climática.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (161)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES