
Este incremento do número de prazas non suporá un aumento do aforo, que se manterá igual de reducido que o ano pasado para respectar as medidas de prevención fronte á covid-19. Ademais, manterase o protocolo específico establecido na anterior edición e que supoñía: unha redución do aforo nas instalacións xuvenís, máis persoal monitor e o reforzo das medidas hixiénico-sanitarias.
35 instalacións para campamentos
Cristina Pichel tamén se referiu ás novidades da campaña deste ano. Aumentaranse as instalacións que acollerán campamentos para mozas e mozos de entre 9 e 17 anos. Sumarán un total de 35 logo de incorporar os albergues municipais de Cabana de Bergantiños, Bande, Parada de Sil e o recinto da Fervenza Aventura en Silleda. Nesta oferta xa se cubriron a totalidade das prazas ofertadas, o 98%.
Os campos de voluntariado para a mocidade de entre 18 e 30 anos tamén presentan novidades. Hai 13 novos campos, o que permite elevar a oferta ata os 40. Algunhas das actividades novas son o campo de voluntariado Camiños e Patrimonio Cultural, en Curtis; Abadía de San Clodio, en Ribas de Sil; Do audiovisual galego, en Celanova; ou O camiño portugués pola costa, en Oia.
Os campos de voluntariado aínda teñen prazas vacantes dispoñibles. Por ese motivo, a directora xeral animou á mocidade a participar dalgunha destas iniciativas, que "contribuirán a desfrutar dun verán diferente, pero seguro que inesquecible".
Mantéñense novidades do pasado ano
Por outro lado, Pichel tamén resaltou a aposta da Xunta por aumentar os espazos que acollen actividades. Neste ano manteranse as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, que xa se incorporaran á oferta no pasado ano, así como o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, onde se vai realizar un campamento de cociña.
Outra das incorporacións á campaña de verán o ano pasado, os minicampamentos Coñece Galicia, tamén se manterán nesta edición. Trátase dunha actividade dirixida a mozas e mozos de entre 10 e 14 anos que teñen lugar en establecementos hostaleiros de toda Galicia de luns a venres. A directora xeral sinalou que se reforzarán as prazas e a programación logo do éxito do ano pasado.
Por último, a directora xeral fixo mención ás instalacións xuvenís que o Goberno galego cede a entidades ou grupos de mozos para realizar actividades de ocio educativo. Este ano as prazas dispoñibles víronse reforzadas ata as preto de 600, "posto que somos conscientes das necesidades das entidades para ter recursos e instalacións plenamente adaptadas", apuntou.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.