
Para estender esta proba piloto ao resto de Galicia, a responsable autonómica incidiu en que a Xunta necesita do apoio e da cooperación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), dos administradores de fincas e do sector inmobiliario.
De feito, ven de asinar un protocolo de colaboración co presidente da Fegamp, Alberto Varela, co presidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, Martín Bermúdez de la Puente, e co presidente do Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña, Herminio Carballido, co fin de contribuír á difusión desta nova ferramenta entre todos os seus beneficiarios potenciais.
Neste sentido, Ángeles Vázquez explicou que a plataforma está aberta á participación dos concellos, que poden incorporar información sobre as zonas e lugares en situación de abandono que hai nos seus respectivos termos municipais; aos particulares con inmobles neste tipo de núcleos, que poden aproveitala para sacar ao mercado as súas propiedades; e tamén ás persoas interesadas en mercar ou alugar inmobles nun entorno rural.
En definitiva, o obxectivo da iniciativa presentada hoxe, indicou, é mobilizar por toda Galicia inmobles e núcleos abandonados, total ou parcialmente, para darlles unha segunda vida e atraer á xente a vivir no medio rural e rodeada de natureza, unha alternativa que a raíz da covid conta cada vez con maior aceptación e demanda.
Aposta pola rehabilitación residencial
A través da rehabilitación e da posta en valor destes lugares a Xunta quere avanzar cara ao triplo obxectivo de responder ás necesidades actuais de vivenda da poboación galega, conservar o patrimonio xa construído e diminuír os impactos sobre o medio e a paisaxe.
Para logralo, a conselleira referiuse a algunha das medidas concretas postas en marcha polo seu departamento co fin de ofrecer alternativas e incentivos para vivir en núcleos rurais, como as axudas de ata 10.800 euros para comprar vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes dirixidas a menores de 35 anos; as subvencións a concellos para rehabilitar inmobles de titularidade municipal e destinalos a alugueiro a prezos vantaxosos; ou a orde de axudas para a rehabilitación de infravivendas.
"O fin da plataforma é a rehabilitación, o fin é a loita contra o despoboamento e o fin é poñer en valor espazos abandonados como o que hoxe visitamos en Sober", declarou.
Neste sentido, aferramenta dixital de núcleos rurais enmárcase nas políticas impulsadas polo Goberno galego para fixar poboación no rural e loitar contra o despoboamento, incluíndo unha fiscalidade específica, como lembrou a conselleira,con "impostos cero" para quen compre a súa residencia habitual nunha destas zonas. "Poñámolas en valor para atraer a posibles inversores e para que o rural siga sendo ese lugar vital que todos precisamos e ao que todos, nalgún momento, necesitamos volver", concluíu
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.