Máis dun cento de vídeo-historias sobre as experiencias dos peregrinos que percorreron 3.500 quilómetros a través de seis das rutas xacobeas o Camiño Francés, o Portugués, o de Fisterra-Muxía, o Inglés, o do Norte e o de Inverno- integran o proxecto Camiño de Historias que se presentou nun acto no que participou a directora de Turismo, Nava Castro.
Nava Castro destacou que a iniciativa permite "dar a coñecer o Camiño a través das ollos dos peregrinos e das súas vivencias e como eles vén a cultura, a historia e o patrimonio de Galicia".
De feito, as gravacións levadas a cabo por profesionais realizáronse en puntos estratéxicos para o turismo galego, incluíndo bens declarados Patrimonio da Humanidade, e poden consultarse na páxina www.caminodehistorias.com.
O proxecto conta ademais dos relatos audiovisuais agrupados por Camiños, cun podcast recopilatorio para consultar recomendacións de aloxamentos, gastronomía e visitas culturais.
Camiño de Historias é unha dos 350 proxectos beneficiarios da primeira edición de O Teu Xacobeo, na que a Xunta investiu 4,7 millóns de euros, e que está a permitir levar o espírito do Camiño por todo o territorio galego. No marco deste programa púxose en marcha unha segunda edición cun total de 220 propostas que se están a desenvolver cun investimento de 3,3 millóns de euros. En total, o Goberno galego destinou en ambas edicións case 8 millóns de euros con máis de 500 propostas para desecentralizar o Xacobeo 21-22 e facer participe deste evento a toda a cidadanía e a tódolos concellos galegos.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.