Archivo (2 del 2021)

Buscador

Noticias

A Xunta de Galicia vén de anunciar o comezo do proceso de vacinación contra a covid-19 dos preto de 50.000 profesionais que exercen o seu labor na comunidade galega. De acordo ás directrices establecidas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde no seu Plan de Vacinación, e tras unha pilotaxe, Galicia iniciará mañá, de xeito ordinario, a vacinación dos profesionais da comunidade educativa galega, comezando polos docentes menores de 55 anos. Así, o Executivo galego ten previsto que a administración da primeira das doses remate a finais do mes de marzo.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta estenderá a educación dixital a 100.000 alumnos, unha cifra que suporá o 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO. Con este obxectivo, Feijóo precisou que Consello autorizou hoxe dous contratos marco, que suman un importe máximo de 34 millóns de euros: un deles para adquirir ata 45.000 ultraportátiles para o alumnado e o outro para adquirir o equipamento necesario para a dotación doutras 2.000 aulas E-Dixgal.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) retoma a actividade pública na súa sala de proxección tras o peche sanitario das últimas semanas. Farao con cinco das sesións adiadas, como o inicio da completa retrospectiva que lle dedicará ao icónico director hongkonés Wong Kar-wai e os coloquios virtuais cos realizadores Luis López Carrasco e Álvaro Orús con motivo da proxección das súas obras El año del descubrimiento e El principio del fin de las armas nucleares, respectivamente. O sábado volve a sección CGAI Júnior, na que poderá verse 'El niño y la bestia'.
Á vista dos datos epidemiolóxicos e unha vez analizados no comité clínico, o presidente do Goberno galego anunciou novos pasos en ámbitos como a hostalería, a mobilidade intermunicipal e as reunións de non conviventes, de cara á unha desescalada gradual, paulatina e baseada na evolución epidemiolóxica de cada territorio. Deste xeito, as medidas non serán homoxéneas en toda a Comunidade, 'senón que haberá varios niveis que se irán aplicando segundo a situación pandémica e hospitalaria de cada ámbito xeográfico', precisando que se dará moita máis importancia á incidencia acumulada a 7 días que a 14 días.
Galicia defende a necesidade de manter ou incrementar as posibilidades de pesca tanto das especies principais como das accesorias en augas compartidas co Reino Unido co obxectivo de facilitar o labor das frotas galega e española que faenan neses caladoiros así como de permitir os intercambios de cotas con outros estados membros. Trátase dunha postura que expuxo hoxe a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa participación por videoconferencia no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, ao que asistiu en representación das comunidades autónomas españolas xunto ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.
As vendas ao exterior galegas sumaron o ano pasado un total de 20.871,7 millóns de euros, o que supón quedar por cuarto ano consecutivo por enriba dos 20.000M€. Segundo os datos publicados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a boa evolución de sectores estratéxicos para Galicia como a automoción ou o conserveiro ten permitido a Galicia pechar o 2020 cun mellor comportamento das exportacións que o do conxunto do Estado. Así, na Comunidade as exportacións baixaron o ano pasado un -6% con respecto a 2019, mentres que a media de España é do -10%, catro puntos máis.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a partir de hoxe a súa actividade escénica e musical que, pese aos adiamentos por mor do peche sanitario das últimas semanas, mantén a súa previsión de ofrecer máis de 300 funcións durante este primeiro semestre do ano. Esta cifra será posible grazas á reprogramación durante os próximos meses de máis do 90% das 50 citas que tiveron que ser suspendidas por este motivo no seo do circuíto que promove a Xunta de Galicia en colaboración con 40 entidades locais de toda Galicia. O 10% pendente trasladarase á programación do segundo semestre.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), prevé que a economía galega medre entre un 4,8% e un 8,8% no 2021. Os escenarios prospectivos da entidade para este ano contemplan para Galicia dúas posibles evolucións dependendo fundamentalmente da evolución sanitaria da pandemia, da velocidade e eficacia do proceso de vacinación e, a partir de aí, da normalización da vida económica. “A evolución máis optimista suporía un crecemento do +8,8% do PIB e a pesimista un aumento do PIB ao redor do +4,8%.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello a proposta da Xunta de bonificacións das peaxes da AP-9, para que os 50 M€ consignados nos Orzamentos xerais do Estado para descontos nas peaxes desta autoestrada se traduzan nunhas bonificacións útiles e xustas, evitando o incremento de beneficios á concesionaria. Así, durante a súa intervención, avanzou dúas das propostas da Xunta que se pretende contribúan a aliviar o peto dun amplo número de galegos, xa que AP-9 vertebra Galicia e é unha das autoestradas coas tarifas máis altas do país.
O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma a súa actividade presencial cunha ampla programación que inclúe tres novas exposicións e diversas actividades entre as que se inclúen debates, seminarios e encontros con artistas. Esta nova programación coa que o CGAC volve abrir as súas portas foi presentada polo secretario xeral de Cultura, que celebrou que a cultura poida gozarse de xeito presencial. A primeira das citas é o proxecto Cultivar incertezas. Reformular o espazo/conmocionar a mirada, inaugurado hoxe e comisariado por Ángel Cerviño co fin de renderlle homenaxe aos 30 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (170)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES