
A proposta da Xunta prima as bonificacións aos usuarios recorrentes, coa gratuidade da viaxe de volta para os vehículos lixeiros que empreguen un sistema de telepeaxe, con independencia do día da semana que sexa. Ademais proponse aplicar un desconto adicional do 25% na ida para aqueles que volvan nun intervalo de 24 h, agás en domingos e festivos.
Por outra banda, a Xunta formula aplicar descontos do 60% en todas as viaxes, tanto na ida como na volta, para os vehículos pesados, pola especial consideración que merece o sector do transporte de mercadorías.
Logo de recordar que a Xunta leva moito tempo solicitando a anulación das subas extraordinarias das peaxes e que se libere a peaxe de Redondela, conforme ao comprometido, Alfonso Rueda sinalou que nos vindeiros días se debullará con maior detalle esta batería de propostas. Son propostas que están baseadas no coñecemento de primeira man do noso territorio e da nosa rede de estradas, e que están amparadas polas cifras, abundou.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.