
Na compaña do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o responsable da carteira sanitaria da Xunta, Julio García Comesaña, precisou que os docentes serán citados polas áreas sanitarias daqueles concellos onde se emprace o seu centro educativo e que, as inoculacións, terán lugar nos diferentes hospitais da comunidade.
Citaremos á comunidade docente por orde alfabética e non por centros, co ánimo de que o proceso de vacinación sexa compatible co desempeño do seu labor e así influír o menos posible na atención educativa, salientou García Comesaña.
Pola súa banda, o conselleiro de Educación subliñou que estamos diante dunha noticia notable para a comunidade educativa. Así, remarcou que a Xunta priorizou a vacinación deste colectivo profesional conscientes do importante papel que desempeñan. Deste xeito, Galicia convértese nunha das primeiras comunidades autónomas nas que se está vacinando ao persoal educativo.
Cribado da poboación estudantil universitaria
O conselleiro de Sanidade tamén anunciou hoxe que durante os vindeiros días 27 e 28 de febreiro e, 1 e 2 de marzo, o Servizo Galego de Saúde realizará cribados ao conxunto do estudantes das tres universidades galegas. Deste xeito, García Comesaña informou que o estudantado universitario será citado no transcurso desta semana mediante un SMS, para acudir á realización dun test de antíxenos en dispositivos de alta capacidade.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.