Archivo (2 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.908, deles 3.468 son da área da Coruña, 1.020 da de Lugo, 935 da de Ourense, 1.447 da de Pontevedra, 1.621 da área de Vigo, 1.351 da de Santiago e 1.066 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 180 están en UCI, 683 en unidades de hospitalización e 10.045 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 96.641 persoas curadas, rexistrándose 2.147 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.600.810. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 142.923.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.762, deles 3.676 son da área da Coruña, 1.086 da de Lugo, 1.020 da de Ourense, 1.539 da de Pontevedra, 1.826 da área de Vigo, 1.469 da de Santiago e 1.126 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 187 están en UCI, 737 en unidades de hospitalización e 10.818 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 95.465 persoas curadas, rexistrándose 2.138 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.592.668. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 138.668.
Case o 60% da superficie incorporada no 2020 á certificación forestal polo sistema PEFC (Programa para o Recoñecemento de Certificación Forestal, en inglés Programme for the Endorsement of Forest Certification) proveu de Galicia. Así, das 124.010 novas hectáreas sumadas a este sistema no conxunto de España, un total de 73.679 corresponden á nosa comunidade. Con esta superficie incorporada, xa son 2,4 millóns as hectáreas certificadas no conxunto do Estado. Ademais, dos novos silvicultores certificados en España no pasado ano, o 87% son galegos (5.530 dos 6.363 incorporados en 2020).
Presentouse o Plan de Benestar Emocional, unha estratexia integral aprobada a pasada semana polo Comité Educativo que asesora ao Goberno autonómico. O documento busca previr posibles problemáticas derivadas da pandemia tanto entre o alumnado, para que este tipo de situacións non afecten ao seu desenvolvemento académico, como no profesorado, a quen achega numerosas ferramentas cun enfoque pedagóxico, metodolóxico e sanitario. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou que a actual situación de covid-19, coa que levamos convivindo case un ano, pode xerar na comunidade educativa angustia, estrés ou ansiedade, “pois os colexios e institutos non son alleos ás difíciles situacións persoais e laborais que moitas familias están afrontando”, afirmou.
Alberto Núñez Feijóo avanzou que Galicia se manterá en máxima restrición, para consolidar a melloría alcanzada nas últimas semanas e preparar unha apertura gradual e coa máxima seguridade. 'O acordo deste comité clínico é manter Galicia en restrición máxima co obxectivo de afianzar e ampliar a melloría das últimas semanas', abundou, destacando a posta en marcha de 6 aperturas graduais. Así, referiuse, en primeiro lugar, ao eido da formación, precisando que as clases presenciais en ensinanzas especiais retomaranse o próximo luns 22 de febreiro, 'agás para a práctica de instrumentos de vento e de canto que os expertos piden aprazar de momento'.
Rosa Quintana, participou hoxe no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios no que se debateu sobre as negociacións bilaterais das posibilidades de pesca para 2021 nas augas compartidas entre a Unión Europea e o Reino Unido. No marco deste encontro Galicia defendeu unha vez máis o incremento, tanto das cotas provisionais asignadas ao primeiro trimestre do ano como para o conxunto de 2021 nestas augas co obxectivo de compensar outras caídas. Neste sentido, a titular de Mar lembrou que como consecuencia do acordo do brexit o Executivo comunitario cedeu ao Reino Unido o 25% das posibilidades de pesca europeas a cambio do acceso ás augas británicas durante só cinco anos e medio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.052, deles 3.964 son da área da Coruña, 1.171 da de Lugo, 1.217 da de Ourense, 1.725 da de Pontevedra, 2.029 da área de Vigo, 1.689 da de Santiago e 1.257 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 224 están en UCI, 792 en unidades de hospitalización e 12.036 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 93.481 persoas curadas, rexistrándose 2.096 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.579.437. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 134.770.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación, no Consello da Xunta, do segundo Plan de rescate, dotado con 75 millóns de euros e baixo a previsión de abrir a próxima semana o prazo de solicitudes. Cómpre salientar que as axudas do segundo plan de rescate son compatibles e acumulables coas do primeiro, en virtude do cal se aboaron máis de 33.605 axudas en tempo récord, por un importe de 69 millóns de euros. “Todas as axudas que cumpriron os requisitos foron pagadas”, incidiu. Nesta liña, como exemplo, precisou que o 60% desta cantidade foi destinada ás axudas solicitadas polo sector da hostalería, en concreto, 38,8 millóns de euros.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo hoxe un encontro telemático con responsables de turismo das comunidades autónomas de Andalucía, Estremadura e Castela e León, polas que transcorre a Vía da Prata, co obxectivo de facer balance dos proxectos conxuntos que están a desenvolver e avaliar novas propostas de cara a celebración deste Xacobeo bianual. Neste sentido, Nava Castro destacou a relevancia de acadar maior implicación nacional na celebración do Ano Santo especialmente por parte dos territorios polos que transcorre o Camiño, como é o caso do Camiño Mozárabe–Vía da Prata.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.643, deles 4.673 son da área da Coruña, 1.514 da de Lugo, 1.699 da de Ourense, 2.141 da de Pontevedra, 2.758 da área de Vigo, 2.359 da de Santiago e 1.499 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 234 están en UCI, 911 en unidades de hospitalización e 15.498 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 88.002 persoas curadas, rexistrándose 2.039 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.547.128. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 118.058.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES