Archivo (2 del 2021)

Buscador

Noticias

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou está mañá en rolda de prensa o descenso sostido da incidencia do virus Sars-CoV-2 na comunidade galega, ao tempo que apuntou a necesidade de seguir a traballar para acadar o descenso da presión asistencial nos centros sanitarios galegos. Trala xuntanza do grupo de expertos que avalía a evolución da covid-19 en Galicia, o titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que os derradeiros datos epidemiolóxicos na comunidade achegan un ritmo de descenso dos casos do 5’6%, nos últimos sete días.
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, veñen de solicitar o aprazamento da reunión do Grupo de traballo do lobo ata que non se aclaren as circunstancias e irregularidades que se produciron na última reunión da Comisión Estatal para o patrimonio Natural e a Biodiversidade. Así llo traslada a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, ao director xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación, Jorge Luís Marquínez García, despois de recibir un correo electrónico do Comité de Flora e Fauna Silvestre e do Grupo de traballo do lobo, coa convocatoria a unha reunión técnica en base ao cumprimento dos acordos adoptados na Comisión Estatal.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.452, deles 5.103 son da área da Coruña, 1.721 da de Lugo, 1.991 da de Ourense, 2.305 da de Pontevedra, 3.012 da área de Vigo, 2.724 da de Santiago e 1.596 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 248 están en UCI, 1.030 en unidades de hospitalización e 17.174 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 84.859 persoas curadas, rexistrándose 1.988 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.520.795. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 114.423.
Publicado un informe sobre a influencia da pandemia da Covid-19 na calidade do aire en Galicia, do que se desprende que a redución do tráfico -por mor do Estado de alarma que limitou a mobilidade das persoas- derivou nunha mellora da calidade do aire na comunidade. En termos xerais, Galicia dispón dunha boa calidade do aire tanto nas cidades, como nas vilas e nas zonas rurais, tal e como demostran os datos de concentración de contaminantes no aire ambiente rexistrados polos analizadores automáticos das estacións da rede de Calidade do aire de Galicia.
O Centro Dramático Galego levará o 26 de marzo a súa última produción, O charco de Ulises, aos centros educativos, co gallo da conmemoración do Día Internacional do Teatro. A través dunha conexión que se facilitará xunto co convite, o alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato poderá gozar da adaptación do clásico grego dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso que foi estreada pola compañía en xaneiro. Trátase de apostar por achegarlle o teatro ao estudantado galego, ante as restricións de mobilidade e a suspensión das exhibicións por mor da covid-19.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.246, deles 5.161 son da área da Coruña, 1.767 da de Lugo, 2.096 da de Ourense, 2.483 da de Pontevedra, 3.146 da área de Vigo, 2.932 da de Santiago e 1.661 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 254 están en UCI, 1.063 en unidades de hospitalización e 17.929 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 83.504 persoas curadas, rexistrándose 1.967 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.509.268. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 111.246.
Fixéronse públicos os premios do concurso de curtas Senda dos Faros, o certame escolar que naceu co obxectivo de poñer en valor a lingua, o patrimonio e a paisaxe da costa galega a través do audiovisual, e cuxo primeiro premio desta edición foi para o IES Plurilingüe A Cachada (Boiro) co proxecto 'Sálvora'. Este proxecto é unha reflexión dunha rapaza sobre o cambio climático, a relación entre a pandemia e o descoido da natureza por parte da humanidade e a despreocupación que sinte da sociedade cara estes feitos. A protagonista lanza unha mensaxe de esperanza nunha botella desde a illa para atopar persoas que, emulando ás Heroínas de Sálvora, se decidan a dar un paso adiante para a salvación do planeta.
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, compareceu na Comisión 7ª do Parlamento para explicar polo miúdo as claves do novo Plan Forestal de Galicia (PFG), que está a ser avaliado pola Cámara antes de volver ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva e entrada en vigor, que está prevista ao longo do primeiro semestre deste ano. Chan destacou que esta revisión se asenta nos compromisos en materia de transición verde, biodiversidade, neutralidade climática e consumo responsable. Así, a súa misión é acadar o desenvolvemento socioeconómico sustentable do medio rural para xerar emprego e economía baixa en carbono.
Publicada a orde que simplifica a comunicación, por parte dos empresarios da Comunidade, do cambio de modalidade nos seus Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) –de forza maior de impedimento ao de forza maior de limitacións da actividade e viceversa- e evitar que teñan que cursar unha nova solicitude. Deste modo, a Administración autonómica, como Autoridade Laboral competente na tramitación dos expedientes, facilita que os empresarios con traballadores en ERTE poidan adaptar os seus expedientes ás cambiantes medidas sanitarias aprobadas en cada momento polas autoridades.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, que Galicia contará co primeiro hospital público de España que ofrecerá un tratamento pioneiro contra o párkinson e o tremor esencial, e dos primeiros en Europa. Será posible, dixo, grazas á adquisición dun equipo de ultrasóns de frecuencia focalizado (HIFU) para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), cun investimento de 2,4 M€, que permitirá avanzar no tratamento e na mellora das condicións de vida destes pacientes.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES