
Nese sentido, as rexións ao Norte do río Douro, consideran que dito acordo é unha proposta, non un acordo, que non da por finalizado o procedemento administrativo e que ademais presenta unha serie de irregularidades que deben ser corrixidas.
Tal e como vén denunciando a Xunta de Galicia, estas irregularidades afectan tanto á tramitación do procedemento, como á celebración da última Comisión estatal, xa que o propio Ditame emitido polo Comité Científico sinala a ausencia de criterios obxectivos para a inclusión de especies no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe).
Así, a Xunta de Galicia súmase ás accións e medidas que as comunidades do Norte do río Douro (Asturias, Cantabria e Castela e León) emprenden para frear a inclusión do lobo no Lesrpe.
Estas rexións, que albergan máis do 95% dos lobos de España, defenden que esta decisión estatal carecer de fundamento técnico e científico e vulnera as competencias exclusivas en materia de caza das Comunidades Autónomas, pois a propia normativa comunitaria permite que as poboacións de lobo ao norte do Douro poidan ser xestionadas con normas cinexéticas.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.