Noticias

Sanidade confirma a tendencia descendente da incidencia do coronavirus en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou está mañá en rolda de prensa o descenso sostido da incidencia do virus Sars-CoV-2 na comunidade galega, ao tempo que apuntou a necesidade de seguir a traballar para acadar o descenso da presión asistencial nos centros sanitarios galegos. Trala xuntanza do grupo de expertos que avalía a evolución da covid-19 en Galicia, o titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que os derradeiros datos epidemiolóxicos na comunidade achegan un ritmo de descenso dos casos do 5’6%, nos últimos sete días.

Así mesmo. informou que na derradeira semana, o Servizo Galego de Saúde realizou 160.000 probas diagnósticas, das que se desprendeu un tasa de positividade do 6%. Esta cifra achégase ao obxectivo establecido pola OM,S fixado no 5%.

Sobre este particular, o máximo responsable da Sanidade galega realizou un chamamento xeneralizado á poboación galega, para que acuda e participe nos cribados que se está a desenvolver o Sergas nas diferentes áreas sanitarias.

Respecto do Plan de vacinación, precisou que “vimos de rematar a vacinación nos centros sociosanitarios e nos profesionais sanitarios de primeira liña”, ao tempo que anunciou que “desde esta semana comezarase a vacinar ao resto do persoal sanitario”.

García Comesaña tamén destacou que tras recibir 11.100 doses da vacina producida por Astrazeneca, desde mañá mesmo, comezarase a vacinación dos profesionais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) menor de 55 anos.

Na compaña do secretario xeral técnico, Alberto Fuentes, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o xerente do Sergas, José Flores; o conselleiro de Sanidade agradeceu novamente o esforzo e dedicación do conxunto de profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito sanitario galego, poñendo especial énfase nos que están a traballar nas unidades de críticos.

No que atinxe aos datos epidemiolóxicos, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, apuntou que estamos diante “dunha mellora obxectiva da situación epidemiolóxica en Galicia”, mais remarcou que “aínda estamos lonxe do obxectivo marcado”.

Ademais, Durán apuntou que Galicia é na actualidade a segunda comunidade autónoma coa mellor taxa de realización de probas diagnosticas por 100.000 habitantes, cunha cifra de 6.189 probas, case un 80% por riba da media nacional.

Durante a súa intervención, a responsable de Saúde Pública tamén informou que nestes intres o Servizo Galego de Saúde ten secuenciados 41 casos pertencentes á variable británica.

Respecto da ocupación hospitalaria, o xerente do Sergas, José Flores, debullou a presión actual dos diferentes niveis asistencias, indicando que a ocupación de pacientes en planta é do 69% (13% por covid); e nas unidades de críticos do 67% (40% por covid).

Por último, García Comesaña gabou o traballo que están a desenvolver o conxunto de profesionais que traballan no ámbito sanitario, ademais de agradecer a actitude responsable que continúa a amosar a poboación galega, no cumprimento da medidas establecidas para frear a expansión do coronavirus.

R., 2021-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES