Archivo (2 del 2021)

Buscador

Noticias

Alberto Núñez Feijóo, avanzou, tras a reunión do Consello da Xunta, os novos pasos realizados no impulso ao Polo para a transformación de Galicia. Unha iniciativa de colaboración público-privada, dixo, que agrupa 8 proxectos de modernización industrial cos que optar aos fondos europeos. “A Xunta de Galicia, xunto con 30 empresas e centros tecnolóxicos, presentamos proxectos no ámbito da transición ecolóxica, a loita contra o despoboamento e o reto demográfico”, explicou.
Ponse en marcha unha visita virtual para a exposición As miradas de Isaac, aberta desde o 6 de novembro de 2020 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e cuxo peche ao público –pola actual situación da covid-19– obrigou a suspender as visitas presenciais desde o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro. A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, presentou hoxe en rolda de prensa esta nova aplicación dixital e que encadrou dentro da “completa e variada” programación en liña do Gaiás para ofrecer “contidos culturais de calidade” na rede, ante estas novas restricións que afectan ás actividades presenciais.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa do comezo dun novo programa de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, que ten por obxectivo incrementar a capacidade de detección de novos casos covid entre persoas asintomáticas. A iniciativa botará a andar na xornada de mañá coa posta en marcha do programa piloto, no que participaran seis farmacias da provincia de Pontevedra. Neste senso, prevese que desde a vindeira semana se incorporen progresivamente as 235 farmacias desta provincia, que figuran inscritas neste plan ata o de agora, e cuxo prazo de inscrición permanece aínda aberto.
O Centro Dramático Galego está a dinamizar a creación e a innovación no teatro co seu novo programa 'Residencias cruzadas', que se vai desenvolver ao longo de febreiro e marzo con nove propostas creativas combinadas en cinco proxectos que inclúen accións dirixidas tanto aos profesionais do sector como á cidadanía. Deste xeito, o CDG busca facilitarlles ás compañías un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación, poñendo á súa disposición o Salón Teatro de Santiago, nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións da covid-19. A iniciativa ten tamén como obxectivo achegarlle o proceso de creación escénica ao público, con accións formativas e encontros abertos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.440, deles 5.889 son da área da Coruña, 2.093 da de Lugo, 2.815 da de Ourense, 2.578 da de Pontevedra, 3.867 da área de Vigo, 3.366 da de Santiago e 1.832 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 247 están en UCI, 1.125 en unidades de hospitalización e 21.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 75.947 persoas curadas, rexistrándose 1.843 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.447.952. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 90.730.
Investigadores das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Aveiro veñen de deseñar un novo modelo matemático fraccionario compartimental para estimar a propagación da covid-19. O modelo foi aplicado con éxito na análise da evolución da pandemia para os casos de Galicia, España, Portugal e Europa, e os resultados obtidos, comentan os responsables do traballo, 'permiten conxecturar como é a evolución das novas mutacións, distintas á que comezou inicialmente en China'. Así, as simulacións permitiron adiantar ao 27 de decembro coñecer como sería a evolución dos datos a tenor do impacto da variante británica do coronavirus.
Galicia, pese aos efectos que a pandemia está a causar no mercado laboral, iniciou o ano cunha baixada do paro do 1,90% (-3.603 persoas) e cun aumento da contratación indefinida e a tempo completo con respecto a decembro de 2020. De feito, Galicia lidera a caída do paro no Estado na comparativa mensual e é unha das dúas comunidades, xunto con Baleares, nas que baixa o desemprego, mentres que en España medra (+1,96%). En canto ás afiliacións á Seguridade Social, a cifra sitúase a un nivel superior ao reflectido hai dez anos (xaneiro 2011).
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse con representantes de Turismo das comunidades de Castela e León, Madrid, Andalucía e Murcia para estudar unha estratexia conxunta coa que paliar as consecuencias e o impacto económico derivado da pandemia do coronavirus no sector turístico. No encontro tamén participaron os conselleiros de Turismo de Castela e León, Javier Ortega, departamento que promoveu a reunión, e a conselleira de Turismo da Rexión de Murcia, María Cristina Sánchez, así como os viceconselleiros desta área na Comunidade de Madrid, Carlos Daniel Martínez; e en Andalucía, Manuel Alejandro Cardenete.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES