
Non obstante, os datos rexistrados no ano 2020 tamén poñen de manifesto a influencia das restricións derivadas da pandemia da Covid-19 na calidade do aire, e sobre todo a influencia directa do tráfico na calidade do aire das cidades.
Así, os datos rexistrados en 2020 mostran uns niveis de contaminación inferiores respecto ao ano 2019 para unha materia relacionada directamente co trafico, como é o dióxido de nitróxeno (NO2); pois observouse un importante descenso en todas as estacións da rede de calidade do aire no mes de abril (o período na que se deron a restricións mais severas) e un aumento destes niveis nos meses de setembro e novembro, cando se retomou a mobilidade habitual nas vilas e cidades.
Todas as estacións de calidade do aire da Xunta rexistraron en 2020 una media anual menor que en 2019, cunha redución máis acusada nas estacións de trafico. A diminución das medias anuais oscila entre un 45% da estación de Vigo, situada en Lope de Vega, e un 16% da estación de Ponteareas.
Outro valor a ter en conta son as partículas PM10, sobre as que tamén se observa unha redución das medias anuais na maioría das estacións da rede. Dita redución que oscila entre un 23%, rexistrado en Lalín, e un 6%, en Laza.
O motivo desta variabilidade na redución da concentración medida anual de PM10 é que esta materia pode producirse debido a múltiples fontes, tanto de orixe antropoxénico como natural. A modo de exemplo, a redución da media anual na estación de Torre de Hércules da Coruña foi dun 3% xa que esta estación esta moi influenciada polo aerosol mariño, de orixe natural, e non está afectada por fontes de orixe antropoxénico.
A fonte principal de PM2.5 nas cidades é o trafico rodado, por iso o valor medio anual de PM2,5 en todas as cidades galegas foi máis baixo en 2020; a maior redución tivo lugar na estación de San Caetano, mentres que nunha estación de fondo rural, como é a de Laza, non se observou diferencia entre a media de 2019 e 2020.
Ao igual que o sucedido do dióxido de nitróxeno (NO2) en abril houbo unha destacable baixada da concentración de partículas en todas as estacións, incluídas estacións de fondo como Lalín. Non obstante, no mes de setembro se observa unha subida considerable en todas as estacións das partículas PM2,5 ao igual que o acontecido coa concentración do NO2.
Esta situación pon de manifesto a importante relación, e influencia, que ten o tráfico rodado na calidade do aire das aglomeracións urbanas, e é unha demostración evidente da relación directa entre reducir o tráfico nas cidades e a melloría inmediata da calidade do aire, en consecuencia acadar efectos positivos para a saúde da poboación en xeral e a protección dos ecosistemas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu de que as novas medidas para paliar os efectos da guerra de Irán aprobadas polo Goberno central terán 'un impacto directo nas arcas autonómicas' xa que Galicia 'deixará de ingresar máis de 120 millóns de euros' nos tres meses que estas medidas estarán inicialmente en vigor. As medidas con impacto fiscal anunciadas polo Goberno central enfócanse na redución do IVE e dos impostos especiais para os carburantes, electricidade e gas. Ao estar estes tributos cedidos ás Comunidades Autónomas, o impacto derivado da menor recadación repártese entre o Estado e as autonomías, en función da porcentaxe de cesión(no IVE é do 50%, nos impostos especiais do 58%).
O número de emigrantes galegos persoas que naceron en Galicia e residen no exterior volve baixar un ano máis en 2.006 persoas, continuando a tendencia dos últimos exercicios. En paralelo, a poboación galega total que reside no exterior increméntase debido ás novas inscricións de persoas descendentes de galegas e galegos nacidas no estranxeiro, ata acadar os 563.303 (incremento de 15.051 persoas, un 2,75%) a 1 de xaneiro de 2026, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).