
Castro destacou tamén a boa sintonía coa que se está a desenvolver o proxecto conxunto iniciado o ano pasado con estes territorios, Camino de la Plata, que supuxo un investimento conxunto de algo máis de 70.000 euros en 2020 e ao que se lle quere dar continuidade ao longo de toda a celebración do Xacobeo.
Estamos diante dunha celebración cun excepcional interese que será o motor de reactivación económica do turismo e a economía non só galega, se non que tamén beneficiará ao resto das comunidades polas que pasa o Camiño, destacou Castro.
Na xuntanza tamén participaron a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira; o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa; a directora xeral de Turismo de Castela e León, Estrella Torrecilla; o director xeral de Turismo de Estremadura, Francisco Martíns, e o comisionado para a concordia da Junta de Andalucía, Javier Arroyo.
Impulso á Vía da Prata
O proxecto supra autonómico Camino de la Plata naceu a mediados do ano pasado co obxectivo de impulsar a Vía da Prata como opción preferente para os peregrinos que desexen facer o Camiño, buscando reposicionar este itinerario no imaxinario do camiñante a través da posta en valor da súa riqueza cultural, patrimonial e artística.
No marco do proxecto creouse a marca, web e redes sociais asociadas así como unha rede dos denominados centinelas do Camiño, construíndo unha ventá dixital coa que promover esta ruta cultural, espertar o interese pola celebración do Xacobeo e poñer en valor a importancia do Camiño na vertebración de moitos dos pequenos territorios polos que pasa esta vía, que contribúe a xerar economía e fixar poboación no rural.
No encontro fíxose un balance positivo destes primeiros meses de funcionamento do proxecto durante os que se elaborou material de promoción, celebráronse eventos virtuais e concursos en redes socias, ademais de captar a algo máis de medio cento de centinelas, nove deles en Galicia.
Novas propostas
Ademais dar darlle continuidade ao Camino de la Plata captando novas colaboracións e amplificando o seu impacto noutros foros e entidades vencelladas co Camiño, os participantes no proxecto puxeron sobre a mesa novas propostas de colaboración valorando a Vía da Prata como un gran vehículo que vertebra o territorio e como unha fonte inagotable de oportunidades de medrar, contribuíndo ao desenvolvemento dos territorios polos que atravesa.
Pola parte de Galicia, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, propuxo a posibilidade de situar mouteiras en puntos significativos do itinerario da Vía da Prata, co obxectivo de destacar o peso histórico e cultural que tivo e ten o Camiño de Santiago nestes territorios ao longo da historia.
Elixido por peregrinos expertos
A Vía da Prata atravesa 9 provincias e máis dun cento de municipios ao longo de Andalucía, Estremadura e Castela e León. En 2019 foi o Camiño escollido por 9.201 peregrinos que recolleron a súa Compostela, o sétimo por peso. É un camiño escollido habitualmente por peregrinos veteranos, moitos deles de procedencia europea, ademais de ser un camiño ideal para a peregrinación a cabalo ou en bicicleta.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu de que as novas medidas para paliar os efectos da guerra de Irán aprobadas polo Goberno central terán 'un impacto directo nas arcas autonómicas' xa que Galicia 'deixará de ingresar máis de 120 millóns de euros' nos tres meses que estas medidas estarán inicialmente en vigor. As medidas con impacto fiscal anunciadas polo Goberno central enfócanse na redución do IVE e dos impostos especiais para os carburantes, electricidade e gas. Ao estar estes tributos cedidos ás Comunidades Autónomas, o impacto derivado da menor recadación repártese entre o Estado e as autonomías, en función da porcentaxe de cesión(no IVE é do 50%, nos impostos especiais do 58%).
O número de emigrantes galegos persoas que naceron en Galicia e residen no exterior volve baixar un ano máis en 2.006 persoas, continuando a tendencia dos últimos exercicios. En paralelo, a poboación galega total que reside no exterior increméntase debido ás novas inscricións de persoas descendentes de galegas e galegos nacidas no estranxeiro, ata acadar os 563.303 (incremento de 15.051 persoas, un 2,75%) a 1 de xaneiro de 2026, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).