Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

"Chegadas estas datas, é tempo de botar a vista atrás e facer balance dun ano que unha vez máis volveu estar condicionado pola covid e que lamentablemente volve a condicionar este Nadal, que non está a ser como a todos nos gustaría."
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, reuníronse con representantes das forzas e corpos de seguridade para coordinar o dispositivo de control das medidas contra a covid, tendo en conta as restricións aprobadas polo comité clínico e as acordadas nas reunións con representantes da hostalería e o do lecer nocturno. Será obrigatorio solicitar o certificado covid para acceder aos locais de hostalería durante todo o día.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 41.800 deles 7.466 son da área da Coruña, 3.556 da de Lugo, 4.423 da de Ourense, 5.581 da de Pontevedra, 10.403 da área de Vigo, 7.936 da de Santiago e 2.435 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 270 en unidades de hospitalización e 41.480 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 200.516 persoas curadas, rexistrándose 2.764 falecementos.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o novo Plan estratéxico de Galicia prevé acadar no ano 2030 a plena converxencia da Comunidade con España en termos de renda per cápita dos fogares, reducir ao 8% a taxa de paro e diminuír a metade a taxa de paro xuvenil. Así se desprende, abundou, do informe avaliado esta mañá no Consello da Xunta que tamén prevé un crecemento medio do PIB de entre o 2% e o 2,5% anual. A este respecto, Feijóo explicou que esta folla de ruta para a vindeira década ten 5 eixes prioritarios: o reto demográfico, a Galicia verde e sostible, a competitividade e o crecemento, a cohesión social e territorial, por último, a gobernanza.
A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 acadando un máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229.462, o que representa un incremento dun 20% respecto ao 2019. A cifra inclúe todas as persoas que asistiron a actividades organizadas polo Gaiás, aínda que se desenvolveran en espazos diferentes aos da Cidade da Cultura. Unha das razóns que explica este incremento é o programa de itinerancias, que permitiu exhibir mostras en Ourense, Pontevedra, Vigo e Coruña.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 32.107 deles 5.744 son da área da Coruña, 2.598 da de Lugo, 3.407 da de Ourense, 4.507 da de Pontevedra, 8.694 da área de Vigo, 5.307 da de Santiago e 1.850 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 262 en unidades de hospitalización e 31.794 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 198.636 persoas curadas, rexistrándose 2.757 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.276.032. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.789.766.
A Xunta acordou esta tarde co ocio nocturno as medidas a adoptar durante o Nadal debido á covid. Os negocios poderán elixir entre abrir a fin de semana de Fin de Ano, entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro -ambos incluídos-, ou optar a unha liña de axudas con distintos tramos en función dos metros cadrados de cada local. Tanto nesta fin de semana de Fin de Ano como desde o 3 ata o 18 de xaneiro todos os locais do sector poderán abrir ata as 03,00 da madrugada.
O conselleiro de Cultura visitou co novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, o templo onde o Goberno galego actúa ao abeiro do Plan Catedrais 2021-2027. Román Rodríguez, nesta visita á Catedral de Mondoñedo feferiuse aos avances que a Xunta está realizando para rehabilitar o templo cun investimento de 6,5M€. En concreto, nestes momentos estase actuando no mural do presbiterio e nas pinturas murais, coa intención de rematen o vindeiro verán. Son as primeiras actuacións do Plan Catedrais 2021-2027 que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios galegos para que afronten a década xacobea nas mellores condicións.
Coros da cidade de Lugo percorren as rúas da capital lucense interpretando cantos de Nadal, para contribuir a que a cidade ofreza un ambiente acorde coas celebracións tmáis entrañables do ano.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 28.334 deles 4.914 son da área da Coruña, 2.289 da de Lugo, 3.052 da de Ourense, 4.111 da de Pontevedra, 7.960 da área de Vigo, 4.401 da de Santiago e 1.607 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 249 en unidades de hospitalización e 28.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 197.844 persoas curadas, rexistrándose 2.753 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.261.145. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.760.431.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2022 (35)

2021 (616)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania