
A segunda razón foi o incremento das actividades online con 15.460 participantes-, que recibiu un impulso co obxectivo de que as medidas que limitaban a asistencia presencial non supuxeran unha barreira para achegar contidos ao público. Por último, o terceiro motivo atópase no éxito de afluencia dalgunha das propostas de 2021, como Faraón. Rei de Exipto. A exposición, organizada en colaboración coa Fundación la Caixa e con fondos do British Museum, rematou coa cifra máis elevada de visitantes da primeira década de vida da Cidade da Cultura: 77.000 persoas, o que supón unha media diaria de 621 visitantes durante os case catro meses aberta ao público.
No balance de 2021, cómpre destacar o labor do Servizo Didáctico, que achegou a preto de 13.000 estudantes de diferentes niveis os contidos das mostras exhibidas no Museo Centro Gaiás. Neste senso, subliñar a importancia do programa de conexións do equipo de guías coas aulas a través de videoconferencias, o que permitiu manter este servizo en marcha mesmo cando os grupos escolares non se podían desprazar.
Ano con máis visitas
En canto ao número total de visitas rexistradas pola Cidade da Cultura en 2021, a cantidade estímase en 1.183.263. Neste cálculo intégranse non só os participantes en actividades culturais, senón tamén as persoas que acoden a eventos, os usuarios de Biblioteca e do resto de servizos públicos localizados no Gaiás, os que se trasladan por motivos profesionais ou para gozar dos espazos verdes. A cifra exclúe as máis de 600.000 visitas correspondentes a persoas que acudiron ao centro de vacinación situado polo Sergas no Gaiás.
Mesmo sen computar as visitas derivadas da vacina, a expansión da actividade da Cidade da Cultura marca un novo pico desde a súa apertura ao público, convertendo 2021 no ano no que este equipamento recibiu un maior número de visitas (1.183.263). Este resultado tradúcese en 30.000 máis respecto ao 2019, e duplica as contabilizadas no 2020. Consolídase, polo tanto, a tendencia á alza que mantén a Cidade da Cultura desde a súa inauguración no 2011, só interrompida durante o ano do confinamento.
Recuperación de eventos
A recuperación da actividade deixouse notar no progresivo incremento do número de eventos organizados por empresas, organizacións sociais ou institucións nos espazos da Cidade da Cultura, incremento especialmente intenso a partir do mes de setembro. O 2021 pecharase cun total de 380, o que supón case un centenar máis que no 2020, unha cifra moi positiva, especialmente se se ten en conta que, ao longo de boa parte deste ano, aínda estiveron vixentes medidas sanitarias que limitaban o número de asistentes a este tipo de actos.
Máis alá do balance cuantitativo, o 2021 no que se conmemoraron os dez primeiros anos de vida da Cidade da Cultura- péchase con fitos importantes, como a inauguración do Fontán e a aprobación do Plan Estratéxico 2021-2027, a folla de ruta que marcará a dirección a seguir polo Gaiás na nova fase que comeza caracterizada polo fin dos grandes proxectos construtivos e marcada pola expansión da súa actividade.
Tamén o 2021 foi a primeira vez que a Cidade da Cultura, en colaboración con expertos da Universidade de Deusto, presentou os resultados do seu primeiro estudo de contabilidade social para estimar o beneficio que xera á sociedade. O resultado foi que, por cada euro de investimento público, retorna 1,85.
O Gaiás despide un exercicio no que, despois de dez anos de traballo, recolleu o recoñecemento do Observatorio da Cultura da prestixiosa Fundación Contemporánea, que elixiu a Cidade da Cultura como mellor proposta cultural de Galicia en 2020.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.