Noticias

Galicia pecha a súa participación no Sandbox europeo de IA cunha solución para automatizar as transcricións das chamadas aos servizos de emerxencias

O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, participou hoxe en Madrid na clausura do primeiro Sandbox europeo de IA, no que a Xunta participou cun proxecto que aplica a intelixencia artificial para mellorar e automatizar a transcrición das chamadas aos servizos de emerxencia.

Damián Rey valorou moi positivamente a participación de Galicia no Sandbox porque permitiu “traballar de maneira práctica sobre os requisitos do Regulamento Europeo de Intelixencia artificial e entender como aterrar eses requisitos regulatorios nun sistema real de alto risco”.

O sistema presentado pola Xunta consiste nunha solución de intelixencia artificial aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías avanzadas de recoñecemento automático da fala.

Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.

O proxecto non só busca automatizar tarefas, senón tamén mellorar a capacidade operativa dos servizos de emerxencias. Grazas á creación de bases de datos estruturadas de transcricións, o sistema permitirá desenvolver futuros casos de uso relacionados con analítica avanzada, detección de patróns, predición de incidentes ou mesmo priorizar chamadas en función de indicadores emocionais detectados durante a conversación.

Sandbox de iA

O proxecto da Xunta foi seleccionado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública o pasado ano para participar no primeiro Sandobox Europeo de IA como modelo de acceso a servizos esenciais públicos. As 11 iniciativas restantes aplicaban a intelixencia artificial á diferentes ámbitos como biometría, emprego, infraestruturas críticas, maquinaria e produtos sanitarios. Trátase de áreas consideradas de alto risco polo regulamento europeo de IA polo seu impacto nos dereitos fundamentais das persoas.

R., 2026-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES