Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 25.796 deles 4.485 son da área da Coruña, 2.105 da de Lugo, 2.774 da de Ourense, 3.801 da de Pontevedra, 7.425 da área de Vigo, 3.812 da de Santiago e 1.394 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 25.498 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 196.921 persoas curadas, rexistrándose 2.745 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.248.260. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.729.390.
Galicia volveu confirmar en novembro o excelente ritmo de recuperación da demanda turística hoteleira galega, rexistrando preto de 231.000 viaxeiros aloxados nos hoteis galegos onde pasaron máis de 434.000 noites, unhas cifras que triplican as acadadas o ano pasado. Galicia segue así á cabeza da recuperación da demanda turística hoteleira a nivel nacional, só por detrás de Asturias, segundo recolle o INE na súa Conxuntura Turística Hoteleira de novembro. O novo informe destaca que Galicia mantense nos postos de cabeza da recuperación turística tanto este mes de novembro, con case as mesmas cifras de viaxeiros que en novembro de 2019, como no acumulado do ano.
O programa 'Música en salas' congregou máis de 7000 persoas nos 135 concertos celebrados durante os últimos dous meses nos 19 espazos que se sumaron a esta iniciativa de dinamización do sector. Ao abeiro de Música en salas, 115 solistas e grupos galegos, que suman 395 músicos, presentáronse desde o pasado 4 de novembro diante do público de 12 vilas e cidades. Os propios locais, todos eles de capacidade reducida, foron os encargadas de elaborar as súas respectivas programacións, a través das que amosaron a calidade e a variedade da escena musical galega actual.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.664 deles 2.985 son da área da Coruña, 1.319 da de Lugo, 2.560 da de Ourense, 2.840 da de Pontevedra, 5.936 da área de Vigo, 2.262 da de Santiago e 762 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 18.391 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 193.311 persoas curadas, rexistrándose 2.739 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.195.326. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.689.473.
Foi inaugurada na Biblioteca de Galicia unha exposición no marco da conmemoración do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. A Xunta de Galicia vén impulsando durante este ano esta efeméride con diversos actos, congresos, actividades de formación ou mostras como a que está aberta no Gaiás ata xaneiro de 2022. 'Sempre palpitante. Emilia Pardo Bazán', comisariada por Charo Crespo, pretende amosar a obra máis significativa da intelectual coruñesa e dar a coñecer algúns dos espazos nos que viviu e escribiu grazas aos fondos bibliográficos da Cidade da Cultura e ás copias dixitais de manuscritos e fotografías do Arquivo da RAG.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.227 deles 2.678 son da área da Coruña, 1.153 da de Lugo, 2.527 da de Ourense, 2.575 da de Pontevedra, 5.706 da área de Vigo, 1.946 da de Santiago e 642 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 228 en unidades de hospitalización e 16.953 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 192.489 persoas curadas, rexistrándose 2.735 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.183.042. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.655.442.
Dicionario da nova literatura galega comezou a fraguarse a finais da década dos anos 60 do século pasado a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero distribuíu entre persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes de 1936. En total, 86 persoas responderon aquelas preguntas ideadas por Alonso Montero que permiten coñecer multitude de datos biográficos e, ao tempo, deseñan as preocupacións e expectativas dun tempo moi concreto da nosa historia literaria e cultural. Este singular dicionario posibilita preguntarse que cambiou na cultura galega nestes últimos 50 anos e engade, ademais, unha rica e valiosa documentación bibliográfica e epistolar, alén doutros documentos de interese para reconstruír percorridos biográficos e literarios concretos.
As contas públicas de Galicia para o ano 2022 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos son os máis altos da historia da comunidade e ascenden a 11.627 millóns de euros para pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san. En materia de política fiscal, os presupostos do vindeiro ano inclúen novas rebaixas de impostos no IRPF, no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e no Imposto de Patrimonio que se suman a todas as aprobadas nos últimos anos. A Xunta leva aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e 2022- co que as rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22% menos de IRPF que no 2009.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.253 deles 2.530 son da área da Coruña, 1.066 da de Lugo, 2.547 da de Ourense, 2.515 da de Pontevedra, 5.282 da área de Vigo, 1.709 da de Santiago e 604 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 233 en unidades de hospitalización e 15.970 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 191.837 persoas curadas, rexistrándose 2.730 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.172.356. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.625.564.
A consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e que estiveran dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica alta, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de se presentan síntomas ou non. A Xunta de Galicia ten como prioridade garantir a sáude da poboación galegas e, para elo, acadar unha detección e diagnose precoz de calquera infección por coronavirus, contribúe a protexer a saúde dos cidadáns.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES