
No que vai de ano, Galicia recibiu nos seus hoteis 2,9 millóns de viaxeiros que pasaron 6,1 millóns de noites. Sumada esta cifra ao acumulado ata outubro de viaxeiros e noites en establecementos extrahoteleiros, Galicia suma xa case 3,5 millóns de viaxeiros e preto de 8 millóns de noites, cifras que permiten ao noso territorio seguir mantendo un comportamento 22 puntos mellor ca media nacional no que atinxe á recuperación da demanda turística.
Por segmentos, o mercado nacional recupera o 98% da demanda turística de novembro de 2019 mentres que o mercado internacional recupérase nun 70%, ao tempo que tamén melloran as cifras de rendibilidade dos establecementos hoteleiros galegos superándose notablemente as do pasado ano en máis do triplo- e tamén as de 2019 en case tres puntos. O volume de ingresos totais do sector hoteleiro supera levemente os 17millóns de euros, o terceiro máis elevado acadado ata o momento.
Distribución por provincias
Co 47% nas noites hoteleiras a provincia da Coruña liderou o mercado turístico no mes de novembro, seguido de Pontevedra (32%), Lugo ( 12%) e Ourense (9%), o que se traduce nunha recuperación do 95% da demanda de 2019 na Coruña mentres que Pontevedra recupera o 86%, Lugo o 76% e Ourense fica no 70% da demanda de hai dous anos.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.