Noticias

Galicia rexistra un total de 18.664 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.664 deles 2.985 son da área da Coruña, 1.319 da de Lugo, 2.560 da de Ourense, 2.840 da de Pontevedra, 5.936 da área de Vigo, 2.262 da de Santiago e 762 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 18.391 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 193.311 persoas curadas, rexistrándose 2.739 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.195.326. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.689.473.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores, e en todas aquelas situacións -tamén no exterior-, nas que non se poida garantir unha distancia interpersoal de 1’5 metros, de acordo á Orde do 25 de xuño.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

R., 2021-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia avanza na planificación da Fábrica europea de intelixencia artificial One1HealthAI concedida a finais do pasado ano, que estará especializada no ámbito da saúde integral (humana, animal e ambiental) e situada no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Con esta finalidade, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na reunión en Bruxelas co director xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías (DG Connect) da Comisión Europea, Roberto Viola, cita á que acudiu conxuntamente co secretario de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades, Juan Cruz Cigudosa, a quen agradeceu a súa colaboración estreita.
Foto de la tercera plana (turismo-hotel-cama.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo públicos hoxe os datos do mes de decembro de 2025 do sector hoteleiro, que permiten realizar o balance económico do ano pasado para este segmento turístico e que revelan que rexistraron cifras económicas nunca antes alcanzadas. En concreto, a súa facturación incrementou un 5% o ano pasado, ata superar os 451 millóns de euros. Esta positiva evolución económica foi constante durante todo o ano, cando os ingresos hoteleiros medraron na meirande parte dos meses. De feito, destaca especialmente o incremento fóra de temporada alta, en meses como o de decembro, cando o sector hoteleiro pechou con 21M millóns de euros de ingresos, o que supuxo un 8% máis que o ano anterior.

Notas

O uso da IA está a abrirse camiño en case todos os eidos do coñecemento, incluíndo tamén a xestión dos ecosistemas e das contornas naturais. Un bo exemplo é o proxecto estatal BlueAI, que acaba de poñerse en marcha e no que participa a UVigo en colaboración con outras entidades como a Universidade de Murcia, o Centro Oceanográfico de Murcia, a Universitat Politècnica de València e a Universidade de Salamanca.
A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo acollerá o vindeiro 29 de xaneiro de 2026, ás 19:00 horas, a proxección do documental 'La mili en el Sáhara', unha obra que recupera o testemuño daqueles mozos que realizaron o servizo militar no Sáhara durante a etapa da presenza española no territorio. O acto terá lugar no Edificio da Xunta de Galicia, situado na Ronda da Muralla, 70 (Lugo), e está aberto ao público ata completar aforo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES