Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

Galicia logrou en 2021 un total de 36 proxectos Erasmus+ Xuventude e de voluntariado no marco Corpo Europeo de Solidaridade (CES) nas diferentes convocatorias deste ano co fin de fomentar a formación e a mobilidade dos mozos e mozas en Europa. A directora xeral de Xuventude, participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá na reunión do Consello Interterritorial de Xuventude, así como no Consello rector da Axencia Nacional Española (ANE) de proxectos europeos, que se celebrou na sede do Instituto Nacional de la Juventud (INJUVE), en Madrid.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que a chegada do AVE a Ourense é un novo éxito colectivo e animou a concluílo para aproveitar ao máximo este activo de valor incalculable. No acto institucional de inauguración da liña Madrid-Ourense, que contou coa asistencia da Súa Maxestade O Rei Felipe VI, Feijóo celebrou a chegada dun momento histórico tras alcanzar unha meta longamente agardada e tamén intensamente demandada. 'Para os galegos é un antes e un despois. Supón competir en termos de igualdade co Mediterráneo, o Sur e, en definitiva, coa maior parte de España', expresou.
Galicia segue a recuperar os resultados positivos das súas vendas ao exterior, ata o punto de que xa logra, nos dez primeiros meses do ano, superar por quinto exercicio consecutivo, os 20.000 millóns de euros en exportacións. En concreto, e tal e como amosan os últimos datos dispoñibles publicados hoxe polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, as exportacións galegas aumentaron, entre xaneiro e outubro, nun 22,8%, ata acadar os 20.600 millóns. Deste xeito, supéranse tamén os niveis previos á pandemia da covid-19 cunha suba de preto do 13% fronte ao mesmo período de 2019.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.346 deles 2.098 son da área da Coruña, 891 da de Lugo, 2.797 da de Ourense, 2.215 da de Pontevedra, 4.561 da área de Vigo, 1.248 da de Santiago e 536 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 230 en unidades de hospitalización e 14.069 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 188.781 persoas curadas, rexistrándose 2.714 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.135.023.
A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2021 situouse en 2.696.876 habitantes, cun saldo migratorio positivo de 12.001 persoas, segundo recolle a estatística ‘Cifras de Poboación' que acaba de publicar de xeito definitivo o IGE. Deste xeito, segundo publica o IGE a través da ‘Estatística de Migracións' do ano 2020, continúa producíndose, a pesar da pandemia, un aumento de persoas que chegan a Galicia. Incrementáronse os españois residentes en Galicia nados no estranxeiro, nun 4,6% e os nados en España pero con nacionalidade estranxeira, nun 7,2%.
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, expuxo na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia que as estimacións realizadas pola Consellería do Mar sobre os recortes nos totais admisibles de capturas (TAC) e cotas no Cantábrico Noroeste e en augas de Francia aprobados no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea desta semana teñen un posible impacto na economía galega de máis de 16 millóns de euros, incluindo o impacto nas actividades vencelladas co sector marítimo-pesqueiro galego, que ten incidencia dalgún xeito en 64 das 81 ramas de actividade económica da comunidade.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha xornada técnica que, baixo o título Panorama actual das bibliotecas autonómicas, reúne no Gaiás durante dous días a representantes da Biblioteca Nacional de España e do Ministerio de Cultura e Deporte, ademais de responsables dos sistemas centrais de institucións bibliotecarias a nivel territorial de 16 comunidades e de Ceuta. Trátase dun encontro que se celebra por primeira vez en Galicia e no que se analiza o futuro destes centros.
A Cidade da Cultura é o escenario elixido para o primeiro concerto da xira da Sinfónica de Galicia coa cantaora Marina Heredia, que fará o seu debut coa orquestra o 17 de decembro no Museo Centro Gaiás. Con esta actuación especial, a Xunta de Galicia dá comezo este venres á programación de actividades pensadas para gozar en familia do Nadal no Gaiás. Filla e neta de cantaores, Marina Heredia medrou rodeada de flamenco e comezou a cantar desde moi nova, pisando por primeira vez os escenarios con tan só 12 anos.
A parte da programación que conforma a Rede Galega de Teatros e Auditorios arrancará os días 21 e 22 de xaneiro con catro funcións de Moria, a exitosa produción de teatro documental arredor dos campos de refuxiados a cargo da compañía canaria Unahoramenos Producciones. Continuará o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril coa estrea absoluta de O porco de pé, a obra de Vicente Risco levada a escena por Producións Teatrais Excéntricas, con dramaturxia de Quico Cadaval e Pepe Sendón, e con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo na interpretación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.331 deles 1.886 son da área da Coruña, 834 da de Lugo, 2.783 da de Ourense, 2.016 da de Pontevedra, 4.319 da área de Vigo, 996 da de Santiago e 497 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 13.060 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 187.332 persoas curadas, rexistrándose 2.710 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.114.859. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.432.552.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (161)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES