Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

Galicia amplía ata 8,1 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao terceiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase no 18,5%, en niveis prepandemia.
Galicia conmemorará en 2022 o Ano Laxeiro cunha extensa programación que afondará no percorrido vital e profesional do artista a través de propostas expositivas, académicas, audiovisuais e didácticas en distintos puntos de Galicia, así como en Madrid e París, e que terán como acto central o 1 de abril o Día das Artes Galegas na súa honra e unha gran exposición itinerante sobre a súa obra de madurez. Así o explicou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no acto de presentación da programación especial, xunto ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.221 deles 1.719 son da área da Coruña, 749 da de Lugo, 2.708 da de Ourense, 1.858 da de Pontevedra, 3.885 da área de Vigo, 826 da de Santiago e 476 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 243 en unidades de hospitalización e 11.929 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 186.440 persoas curadas, rexistrándose 2.699 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.097.413. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.355.891.
Este Nadal, os Bolechas están a preparar unha carta a Papá Noel, pero a cousa complícase e deciden seguir o labor comendo noces, que así pensan mellor. Mais as noces teñen a casca moi dura e escachan os dentes. Entón, os irmáns collen un crebanoces na cociña, pero trillan os dedos. De súpeto, alguén chama á porta e aparece un enorme crebanoces de Nadal chegado directamente de Alemaña para axudalos, mais ao pouco de empezar, o convidado fica inmóbil. Tras unha chamada ao 112, os Bolechas descobren que o crebanoces non é humano, senón un boneco de corda e, ademais, non teñen a chave para volver activalo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que todas as familias galegas con nenos de 5 a 11 anos disporán a partir da vindeira semana dun test gratuíto nas farmacias, que se complementará cunha PCR de contraste no caso de que dea positivo. En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá traballando con rigor e incidindo na necesidade de seguir alerta e non relaxarse nas medidas de protección como: máscara en interiores, manter a distancia de seguridade, hixiene e ventilación ou tests e seguimento de contactos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.677 deles 1.472 son da área da Coruña, 704 da de Lugo, 2.550 da de Ourense, 1.465 da de Pontevedra, 3.352 da área de Vigo, 704 da de Santiago e 430 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 10.417 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 184.859 persoas curadas, rexistrándose 2.693 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.072.964. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.263.938.
O Comité Educativo analizou a situación sanitaria na comunidade escolar ás portas das vacacións de Nadal, con oito días lectivos por diante ata o remate das clases, e coa previsión de comezar a vacinar os nenos menores de 12 anos a partir da vindeira semana. Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade, Román Rodríguez e Julio García Comesaña, interviñeron na reunión do órgano asesor da Xunta en materia educativa, onde se analizou a situación da poboación vinculada aos centros así como a organización do proceso de vacinación. Ambos fixeron un chamamento a seguir respectando as medidas de prevención durante os días que restan de clase e nas festas de Nadal.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director Xeral do Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinaron un acordo para a cesión dun espazo na Cidade das TIC para a creación dun Centro de Excelencia en Investigación e Desenvolvemento de referencia internacional no ámbito da Intelixencia Artificial e as TIC orientadas ao desenvolvemento dos Sistemas Aéreos Non Tripulados (drons), denominado Galaxy-lab. 'Con este acordo de cesión complétase un longo período de colaboración entre ITG e a UDC', explicou o reitor, engadindo que o convenio asinado hoxe “reforzará ás dúas institucións” e remarcou a importancia deste día no avance do proxecto da Cidade das TIC. Para o director de ITG, o acordo de hoxe “abre un novo período” na relación entre a ITG e a UDC e confirma “o total apoio de ITG á Cidade das TIC”.
Galicia rexistrou durante esta ponte unha ocupación media ata o luns dun 75-80%, onde destaca a ocupación por riba do 90% nos hoteis de 4 estrelas ou superiores, así como nos que ofertan spa ou similares, ademais do turismo rural, no que algúns establecementos da provincia de Ourense acadaron o 100%. O sábado rozouse a plena ocupación en boa parte dos destinos galegos, cifras que foron baixando paulatinamente nas noites de domingo e luns.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.204 deles 1.367 son da área da Coruña, 696 da de Lugo, 2.498 da de Ourense, 1.394 da de Pontevedra, 3.135 da área de Vigo, 682 da de Santiago e 432 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 219 en unidades de hospitalización e 9.948 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 184.347 persoas curadas, rexistrándose 2.690 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.065.157. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.235.932.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (180)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES