Noticias

O Comité Educativo avalía a situación na comunidade escolar a piques de iniciar a vacinación dos menores de 12 anos e as vacacións de Nadal

O Comité Educativo analizou a situación sanitaria na comunidade escolar ás portas das vacacións de Nadal, con oito días lectivos por diante ata o remate das clases, e coa previsión de comezar a vacinar os nenos menores de 12 anos a partir da vindeira semana. Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade, Román Rodríguez e Julio García Comesaña, interviñeron na reunión do órgano asesor da Xunta en materia educativa, onde se analizou a situación da poboación vinculada aos centros así como a organización do proceso de vacinación. Ambos fixeron un chamamento a seguir respectando as medidas de prevención durante os días que restan de clase e nas festas de Nadal.

Do mesmo xeito, reiteraron o agradecemento ao conxunto da comunidade educativa -especialmente ao alumnado e ao profesorado- pola súa responsabilidade diaria no cumprimento dos protocolos.

A análise pormenorizada dos datos dos grupos sociais vinculados a centros educativos revela que o 80% dos 1881 casos activos a día de hoxe se concentra nos menores de 12 anos, fronte á mínima incidencia no grupo de entre 12 e 19 anos, que é o grupo de poboación con menor afección da sociedade. Isto confirma que os protocolos están funcionando e que a vacina é o principal elemento diferencial entre ambos.

Así pois, confírmase que a evidencia de contraste está entre os grupos de vacinados e non vacinados, xa que nos non vacinados -Infantil e Primaria- é onde se concentra a meirande parte dos casos pese a que non houbo cambios no protocolo respecto ao ano pasado. Pola contra, en Secundaria rexístrase a incidencia máis baixa do conxunto da poboación.

A Xunta tamén informou ao Comité Educativo da planificación da administración das arredor de 60.000 doses que está previsto que Galicia reciba a vindeira semana, coa previsión de comezar a vacinar desde o mércores 15 a este grupo de idade.

R., 2021-12-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES