O acto solemne de investidura tivo lugar na sala Marie Curie do edificio Politécnico do campus de Ourense, presidido por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo. A el asistiron membros do equipo de goberno, como os vicerreitores e vicerreitoras Francisco Javier RodrÃguez, Belén Rubio, Mónica Valderrama, Natalia Caparri e Alfonso Lago, e a secretaria xeral MarÃa José Bravo; membros da comunidade universitaria e autoridades. Aprobado por unanimidade do Consello de Goberno da UVigo, o nomeamento de Begoña Vila foi proposto polo Departamento de FÃsica Aplicada, sendo a madriña da nova honoris a profesora Nieves Lorenzo, directora da Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo da UVigo. No acto, impúxoselle a Begoña Vila, como sÃmbolo do honor recibido, o barrete venerado distintivo de alto maxisterio, o libro da ciencia e sabedorÃa, o anel que se entregaba na antigüidade nesta cerimonia, as luvas brancas e unha medalla da Universidade de Vigo.
Na investidura, Manuel Reigosa amosou o orgullo da Universidade de Vigo pola incorporación de Begoña Vila ao claustro de profesores desta institución académica. O reitor salientou que o fundamento do desenvolvemento dunha sociedade baséase no talento, o esforzo e a visión, tres elementos nos que dixo, a astrofÃsica viguesa ten demostrado ser “extraordinaria”. Igualmente, no seu discurso subliñou a satisfacción que supón ver que “unha rapariga, criada en Vigo, teña desenvolvido unha carreira profesional tan importante”. O seu exemplo, dixo, permite “dicir ás nenas e nenos galegos que si é posible, que poden desenvolver unha carreira profesional de máximo nivel e que o dÃa de mañá poden dicir aquà estou eu, que me formei na universidade galega e que son galego”. Tendo en conta que no campus de Ourense está a Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo, Manuel Reigosa sinalou a importancia de, con iniciativas coma esta, abrir vÃas de contacto con persoas “que traballan na fronteira do coñecemento, neste caso na astronomÃa e na astrofÃsica".
Desde Vigo ás profundidades do universo
A nova doutora honoris causa pola UVigo comezou a súa intervención, feita en lingua galega, agradecendo o recoñecemento e transmitindo os seus parabéns á Universidade e á Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo “polo labor que estades a realizar preparando ás novas xeracións”. A astrofÃsica viguesa realizou no seu discurso un percorrido por algúns dos fitos máis destacados da exploración do espazo, deste o lanzamento do primeiro satélite, o Suptnik , e o do primeiro telescopio espacial, o Hubble, ata o Nancy Grace Roman, no que Begoña Vila está a traballar na actualidade.
“O Hubble foi o traballo de 20 anos e as primeiras imaxes recibidas estaban borrosas porque o espello no estaba ben aliñado”, lembrou Vila, o que obrigou a enviar varios astronautas para melloralo. Pola súa banda, o telescopio espacial James Webb, proxecto ao que Begoña Vila se incorporou en 2006 e no que se encargou de facer a retransmisión do lanzamento en inglés e español no ano 2021, “deu con creces máis do que esperabamos e está a facer grandes descubrimentos sobre o nacemento do Universo, os buratos negros ou onde morren as estrelas”, detallou a enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA.
A localización dun planeta similar á Terra, “que ten que estar a unha distancia particular e ter auga lÃquida”, é un obxectivo ao que tamén se referiu Vila, que pechou a súa intervención referÃndose ás grandes innovacións que introduce o Nancy Grace Roman (18 cámaras que achegarán imaxes máis amplas e un cronógrafo que permitirá atopar planetas máis pequenos cerca das estrelas), que poderÃa lanzarse a finais do ano 2026. Coa previsión de regresar á Lúa, para o que, tamén no ano 2026, está previsto o lanzamento da misión espacial lunar Artemis II, que dará á volta ao satélite; a importancia de traballar en grupos amplos e con participación de moitos paÃses; asà como de establecer colaboracións con empresas privadas, Begoña Vila rematou o seu discurso de investidura como doutora honoris causa pola UVigo.
Un “referente para a sociedade do noso tempo”
Como madriña, Nieves Lorenzo pronunciou a gabanza da nova doutora honoris causa. Nela destacou que no “seu firme e sólido compromiso coa promoción da excelencia cientÃfica e académica” a Universidade de Vigo “quere contribuÃr ao recoñecemento dunha traxectoria exemplar a través da distinción de honoris causa ao extraordinario traballo cientÃfico e tecnolóxico da doutora Begoña Vila Costas e, seguindo a súa estela de transferencia cientÃfica á sociedade, conseguir con este acto dar visibilidade, ante os ollos da sociedade, ao labor da ciencia e a tecnoloxÃa fóra do ámbito universitario”.
Begoña Vila, sinalou a directora da Escola de EnxeñerÃa Aeronáutica e do Espazo da UVigo, “é unha referente para a sociedade do noso tempo, un tempo no que a exploración espacial está retomando de novo o impulso que tivo na década dos sesenta coa chegada da humanidade á Lúa”. Grazas ao seu traballo co Telescopio James Webb, detallou, “o persoal cientÃfico poderá ver as primeiras luces do universo: a das primeiras estrelas e galaxias que se formaron tras o Big Bang hai 13.500 millóns de anos”. Tamén permitirá, engadiu, “analizar como evolucionaron as galaxias, como se forman as estrelas e os planetas, a composición atmosférica de afastados exoplanetas, e mesmo novos descubrimentos sobre o noso sistema solar”. Todo este traballo, subliñou, “está a ter un innegable impacto cientÃfico e social, contribuÃndo a un cambio de paradigma no coñecemento do universo” e “permitirá que a sociedade enteira poida coñecer con ollos novos o marabilloso que é o noso universo”.
Na súa intervención Nieves Lorenzo tamén lembrou que para a astrofÃsica viguesa “é extremadamente importante animar a todas as nenas e mozas a que loiten polos seus soños e descubran o papel das mulleres na ciencia e tecnoloxÃa do pasado, a fin de que sexan elas as referentes cientÃficas das nenas e dos nenos do futuro”. Neste senso salientou que é “importante destacar o mérito de mulleres que coma Begoña Vila destacan no mundo cientÃfico e tecnolóxico: recoñecendo a súa valÃa rachamos cos estereotipos asociados ás carreiras cientÃficas e tecnolóxicas, potenciando referentes femininos entre o alumando e axudándolles a descubrir as súas vocacións”.
Recoñecemento a unha dilatada traxectoria
No seu discurso Nieves Lorenzo detallou en profundidade os méritos da nova doutora Honoris Causa da UVigo. Despois de licenciarse en FÃsica pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade de AstrofÃsica pola Universidad de La Laguna, Begoña Vila (Vigo, 1963) acadou o doutoramento en AstrofÃsica na Universidade de Manchester (Reino Unido). A súa investigación centrouse na análise de curvas de rotación de galaxias espirais, actividade galáctica nuclear e abundancias estelares con observacións en lonxitudes de onda ópticas e de radio. Completou a súa carreira posdoutoral no Departamento de FÃsica da Universidad de Cardiff e pouco despois marchou a Canadá, deixando o ámbito académico para traballar en distintas empresas aeroespaciais implicada en proxectos de satélites de rescate e outras misións de satélites.
En 2006 incorporouse ao proxecto do Telescopio Espacial James Webb da NASA, contratada pola Axencia Espacial Canadense e en 2013 pasou a ser contratada directamente pola NASA, converténdose en enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard, encargada de dous dos instrumentos do citado telescopio. Foi ademais a directora encargada da proba crioxénica final de todos os instrumentos do telescopio en Goddard. Este telescopio, lembrouse no acto, “engloba a máis dun millar de persoas e manexa un orzamento por riba dos 9.500 millóns de euros”. Actualmente está traballando tamén no Telescopio Espacial Nancy Grace Roman, un futuro observatorio espacial infravermello considerado polo Comité Decadal Survey do Consello Nacional de Investigación dos Estados Unidos como a máxima prioridade para a próxima década da astronomÃa. No proxecto está a coordinar a proba crioxénica do observatorio e apoiando o desenvolvemento das operacións de guÃa. Alén do seu traballo cientÃfico e tecnolóxico, Begoña Vila conta cunha dilatada participación en eventos de comunicación e divulgación cientÃfica.
A xa doutora honoris causa pola Universidade de Vigo ten recibido múltiples recoñecementos pola súa carreira, incluÃndo a Medalla da NASA para o Logro Público Excepcional en 2016, o Premio Wonenburger da Xunta de Galicia en 2017 e o Premio Galego do Ano en 2019. Foi seleccionada no Top10 Mujeres LÃderes Españolas no Exterior por Mujeres&Cia en 2021, na Lista de Forbes das 100 Mujeres más Influyentes en España en 2022 e 2023, Embaixadora HonorÃfica Marca España en Ciencia e Innovación en 2022 e Medalla da NASA para o Servizo Público Excepcional en 2022. Tamén foi galardoada na categorÃa de Ciencia e Saúde polo seu labor en misións clave como a do Telescopio James Webb na VII edición dos Premios Influyente 2024.
Tivo lugar a entrega dos Premios do Comercio Galego 2025 nun acto no que se aproveitou para presentar en sociedade a nova imaxe do Comercio Galego, coincidindo ademais co arranque dunha nova campaña autonómica para darlle un pulo ao sector. Os premiados foron as compostelás Creativas Galegas (Premio Comercio Galego), polo seu Mercado Galego da Creatividade, a lucense PanaderÃa Pallares (Premio Comercio Traxectoria), coa quinta xeración familiar ao cargo, Amoras (Premio Comercio Emprende), polos seus orixinais proxectos comerciais, e Viveiro Centro Comercial Histórico (Premio Comercio Dinamización) pola súa campaña Escolle o teu empregado do mes.
A Estratexia da EconomÃa Azul de Galicia cumpre o seu primeiro ano consolidando á comunidade como referente internacional en sustentabilidade e innovación mariña, ao garantir que o mar siga sendo motor de crecemento económico, protección ambiental e benestar social para as vindeiras xeracións. Esta Estratexia , elaborada xunto á comunidade cientÃfica, entidades públicas e privadas e a cidadanÃa, está composta por 40 medidas que nacen do diálogo e do consenso con máis de 200 axentes implicados, e que se sustentan en tres piares fundamentais: sostibilidade, innovación e cooperación.