
Alfonso Rueda acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe xunto coa presidenta da Asociación Galega de Vivendas Turísticas (Aviturga), Dulcinea Aguín, a plataforma vitgal.es destinada á reserva de vivendas de uso turístico (VUTS) da comunidade permitirá localizar as que se atopan nas distintas rutas do Camiño Santiago, co obxectivo de fomentar neste Xacobeo 21-22 na comercialización deste tipo de aloxamentos nos mercados nacionais e internacionais con potencial turístico para Galicia.
As novas funcionalidades desta plataforma inclúense no proxecto integral de promoción das VUTS, no que a Xunta colabora con 80.700 euros e inclúe tamén a renovación da campaña para reducir as vivendas de uso turístico non regularizadas a través da plataforma legaliciate.gal, así como a posta en marcha de formación e profesionalización dos propietarios desde a Escola de Anfitrións de Aviturga.
No marco desta colaboración, a web vitgal.gal incorporará un servizo de atención telefónica para activar novas vivendas na plataforma de reservas, mentres que no caso de legaliciate.gal crearase tamén un servizo de atención telefónica de asesoramento para activar unha propiedade como vivenda de uso turístico.
A directora de Turismo de Galicia destacou que a Xunta busca consolidar con esta colaboración unha oferta turística de calidade neste ámbito mediante a aposta pola profesionalización dos propietarios, a promoción da oferta neste tipo de aloxamentos para, ao mesmo tempo, contribuír a reducir os aloxamentos que operan ao marxe da normativa.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.