Noticias

Galicia tivo un saldo migratorio positivo en 2020 que superou as 12.000 persoas

A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2021 situouse en 2.696.876 habitantes, cun saldo migratorio positivo de 12.001 persoas, segundo recolle a estatística ‘Cifras de Poboación' que acaba de publicar de xeito definitivo o IGE. Deste xeito, segundo publica o IGE a través da ‘Estatística de Migracións' do ano 2020, continúa producíndose, a pesar da pandemia, un aumento de persoas que chegan a Galicia. Incrementáronse os españois residentes en Galicia nados no estranxeiro, nun 4,6% e os nados en España pero con nacionalidade estranxeira, nun 7,2%.

A ‘Estatística de Migracións' do ano 2020 revela que Galicia rexistrou así un saldo migratorio positivo de 12.001 persoas, que aínda que é menor que en 2019, cando o saldo chegou a 17.809, segue a evidenciar que Galicia é a sexta comunidade autónoma de España con maior pulo de atracción. En relación ao movemento entre comunidades autónomas, o posto de Galicia sube ata o quinto en atracción de poboación. Destas 12.001 persoas chegadas a Galicia, 4.637 son españolas e 7.364 teñen nacionalidade estranxeira.

Segundo a orixe destes movementos, os datos de 2020 con respecto aos do ano anterior confirman a tendencia dos últimos anos de incremento das entradas procedentes do estranxeiro e diminúen as saídas; con respecto aos movementos co resto de España de residentes en Galicia, aumentan de xeito importante as entradas procedentes doutras comunidades autónomas, cun un total de 14.494.

Deste xeito, o saldo en poboación dende o resto de España é positivo, en 4.482 persoas máis das que saíron, mentres as entradas de estranxeiros en Galicia ascendeu a 14.504.

Deste xeito, estas cifras van en coherencia cos importantes datos de retorno dos últimos anos, e que deste xeito, supoñen manter cifras de retorno de cidadáns de orixe galego como das súas parellas ou fillos sen nacionalidade que tamén forman parte das estatísticas do saldo migratorio positivo, aínda que se computen como inmigrantes.

R., 2021-12-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES