
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores, e en todas aquelas situacións -tamén no exterior-, nas que non se poida garantir unha distancia interpersoal de 15 metros, de acordo á Orde do 25 de xuño.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.
A Xunta acaba de editar o catálogo Films from Galicia 2026, unha ferramenta de difusión exterior que reúne 63 novos títulos do audiovisual galego, con 23 estreas recentes e 40 proxectos en diferentes fases de desenvolvemento. A publicación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude edítase en inglés, en formato tanto físico como dixital interactivo, para favorecer a súa máxima difusión. Ofrécese e compéndiase deste xeito información útil para profesionais da distribución, das vendas e da programación e incorporarase á actividade de promoción do Goberno galego en diferentes mercados e encontros especializados do circuíto internacional, co obxectivo de aumentar as oportunidades e a competitividade do sector audiovisual do país asociado, ademais, á marca Galicia Calidade.
A taxa de positividade do virus respiratorio sincitial continúa a descender e sitúase no 8,7 % na semana 6 do ano, que rematou o día 8 deste mes, tal e como recolle o informe semanal de seguimento deste virus que publica a Consellería de Sanidade. Na semana recollida no informe, observouse un descenso da taxa de consultas no grupo dos menores de dous anos, agás no dos menores de dous meses no que a taxa aumentou un 50,6 %. En canto ás hospitalizacións, rexistrouse un ingreso no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 e producíronse tres hospitalizacións de lactantes menores de dous meses.