
Policías nacionais, gardas civís, axentes locais e efectivos da Policía Autonómica vixiarán, expresamente, que aqueles locais que se acolleron as axudas polo peche do seu establecemento permanezan realmente pechados ata o 3 de xaneiro.
Santiago Villanueva recordou ao respecto que o peche non se reduce á noite ou ao horario no que previamente ían celebrar festas e cotillóns, senón que debe manterse as 24 horas dos días sinalados.
Na reunión mantida hoxe no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) acordouse estremar os controis nas datas de Fin de Ano e Reis para garantir o cumprimento das restricións aprobadas no último comité clínico, e que se estenden desde esta noite ata o 18 de xaneiro do 2022.
Entre outras cuestións, os axentes vixiarán que se cumpran os horarios da hostalería e do lecer nocturno, a necesidade de pedir o certificado covid nestes locais ou a prohibición de celebrar festas privadas nestas datas ou botellóns, que están prohibidos.
Entre as novas medidas decretadas ata o 18 de xaneiro destaca a decisión de limitar a apertura dos locais de hostalería e restauración ás 00,00 horas da madrugada, e do ocio nocturno, ás 03,00 horas. No caso da hostalería e a restauración, os venres e os sábados poderán ampliar os seus horarios de apertura ata as 01,00 horas.
Ademais, será obrigatorio solicitar o certificado covid para acceder aos locais de hostalería durante todo o día, e tamén a volta da prohibición de consumir nas barras dos locais. Recórdase, ademais, que os locais deben estar ventilados e cumprir todas as normas sanitarias decretadas para o sector, así como respectar os límites de ocupación e o número de comensais por mesa.
Perante a chegada do ano novo, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recordou que pola alta incidencia da covid non vai ser posible celebrar estas festas como quixéramos, de aí a necesidade de que as forzas e corpos de seguridade incrementen a vixilancia para evitar un maior número de contaxios. Rueda recordou que os incumprimentos das medidas decretadas serán denunciados e sancionados e apelou á responsabilidade da poboación, ademais de insistir en que a mellor vixilancia é a prudencia da cidadanía.
Perante uns días nos que se prevén moitos desprazamentos e nos que tradicionalmente se celebran moitas xuntanzas en Galicia, as autoridades e os mandos policiais recordan a necesidade de seguir respectando as restricións ás que obriga a situación sanitaria pola covid-19, e recordan que o uso da máscara xa non é obrigatorio só nos interiores, senón que debe levarse tamén na rúa.
No encontro, celebrado por videoconferencia, Santiago Villanueva agradeceu o labor das forzas de seguridade e pediulles especial vixilancia estes días de festa.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.