Noticias

A Xunta investirá na Catedral de Mondoñedo 6.500.000 Euros

O conselleiro de Cultura visitou co novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, o templo onde o Goberno galego actúa ao abeiro do Plan Catedrais 2021-2027. Román Rodríguez, nesta visita á Catedral de Mondoñedo feferiuse aos avances que a Xunta está realizando para rehabilitar o templo cun investimento de 6,5M€. En concreto, nestes momentos estase actuando no mural do presbiterio e nas pinturas murais, coa intención de rematen o vindeiro verán. Son as primeiras actuacións do Plan Catedrais 2021-2027 que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios galegos para que afronten a década xacobea nas mellores condicións.

O titular de Cultura sinalou que o investimento previsto en Mondoñedo fará posible "reforzar e revalorizar" o papel deste templo, "unha das xoias do Camiño do Norte, incluída, como a de Lugo, na declaración de Patrimonio Mundial da Unesco de 2015". Neste sentido, recordou que a Xunta tomou como punto de partida a restauración da Catedral de Santiago co obxectivo de blindar a conservación do resto das catedrais. "Foi un éxito colectivo ao que damos continuidade en toda Galicia con traballos que requiren que todas as administracións implicadas traballemos sumando vontades e esforzos”" afirmou.

No caso do presbiterio e murais da Catedral de Mondoñedo, sinalou que se trata da primeira dunha decena de actuacións que se desenvolverán ao longo dos vindeiros anos. Trátase de melloras que contan cun investimento de máis de 255.000€ de especial relevancia xa que os restos murais conservados contan cun gran valor.

Ademais destas actuacións, entre as que se porán en marcha ao abeiro do Plan Catedrais destacan a limpeza e consolidación das torres, a rehabilitación integral da parte sen uso do Pazo Episcopal para ampliar o museo ou a resolución das humidades que afectan a diferentes puntos do templo. Así mesmo dotarase ao conxunto catedralicio dun novo proxecto museográfico e restauraranse bens artísticos como os órganos.

Convenio coa diocese

NoticiaPara continuar avanzando na posta en valor do patrimonio da provincia, o conselleiro e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, asinaron un convenio para promover a restauración da igrexa do mosteiro de San Salvador en Vilanova, Lourenzá, así como para a restauración do conxunto mural da nave central da igrexa de Vilares de Parga en Guitiriz, ambas cun investimento superior aos 400.000€.

No caso da igrexa do mosteiro de San Salvador intervirase na lanterna do cruceiro, que inclúe a desmontaxe e posterior montaxe do cupulino, a reparación de danos estruturais nas fábricas de cantería da nave lateral sur. Eliminaranse tamén filtracións de auga de chuvia a través da cuberta das naves laterais e se actualizará a instalación eléctrica.

No que se refire á igrexa de Vilares de Parga, en Guitiriz, as actuacións irán encamiñadas a restaurar o conxunto mural da nave central. Entre outras actuacións, limparase a superficie para devolverlle ao conxunto mural a uniformidade perdida.

Máis de 60 actuacións en todos os templos

Todos estes traballos están incluídos na estratexia autonómica de mellora e conservación do patrimonio que garante a súa preservación para as xeracións futuras. En concreto, o Goberno autonómico incrementará un 23% o investimento en 2022 no patrimonio.

Como declarou Román Rodríguez, dáse así un paso máis para que Galicia avance na protección dos seus bens máis senlleiros. En total, o Plan Catedrais, dotado con 38M€, recolle mais de 60 actuacións para asegurar a debida salvagarda e recoñecemento das catedrais de Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui, da antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo en Foz e das concatedrais de San Xiao de Ferrol e de Santa María de Vigo.

R., 2021-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES