
Os dez coros da cidade de Lugo percorren as rúas da capital lucense interpretando cantos de Nadal, para contribuir a que a cidade ofreza un ambiente acorde coas celebracións tmáis entrañables do ano.
Así como o concello proporciona o ambiente de luz e cor nas prazas e rúas do centro da cidade, sendo unha chamativa aportación ás celebracións festeiras, a Deputación Provincial, a través da súa Área de Cultura, financia, como estes pasados anos, a actuación itinerante das agrupacións corais da cidade que interpretan panxoliñas na rúa do Progreso, rúa da Raíña, diante da casa do Concello, no fondo da Praza Maior e na Praza do Campo.
Na fotografía, actuacíon do Orfeón Lucense, Coro da Catedral de Lugo, que dirixe Marcos Fernández Mosquera, no fondo da Praza Maior de Lugo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.